Urbanismo

O PP pide ao bigoberno que obrigue aos propietarios de edificios en ruínas do casco histórico a telos en condicións de seguridade

By 11 Outubro, 2022Sin comentarios

FOTOGRAFÍA DE EL PROGRESO

Os populares reclaman que para evitar desprendementos de fachadas ou derrubamentos como o de onte na Praza do Campo se axilicen “as execucións subsidiarias, se incrementen e dean publicidade as axudas municipais para a rehabilitación e, de forma provisional se estuden medidas que melloran a imaxe dos edificios en ruínas”

Tralo derrubamento dun edificio en ruínas na Praza do Campo o Partido Popular pediu ao goberno local que obrigue aos propietarios de edificios en ruína a telos en condicións de seguridade. Os populares explican que “hai varios inmobles, que presentan un estado moi lamentable e perigoso para a veciñanza” citando casos de edificios situados en contornas de especial sensibilidade, turísticos ou moi concorridos tanto no casco histórico e o seu entorno como en barrios como A Milagrosa,  Feijoo, Cheda ou Paxariños.

Dende o Partido Popular plantexan tres medidas:

  1. Que se leven a cabo execucións subsidiarias rápidas “que pague o concello as obras e pase factura aos propietarios”.
  2. Incentivar e incrementar as axudas municipais para poder facer fronte ás rehabilitacións así como darlles publicidade para que a veciñanza as coñeza que teñen posibilidade de recorrer a estas achegas. Nese senso destacar que dende o ano 2077 presentáronse 826 solicitudes e so se adxudicaron un 37% das axudas para facer 303 proxectos.
  3. A terceira medida sería a de estudar a colocación, de forma provisional mentres se fan as obras de rehabilitación, de colocar lonas decorativas que poderían mostrar infografías de carácter cultura, promoción turística ou ben reproducir o aspecto do propio edificio unha vez rehabilitado”.

Dende o PP cren que sería positivo incrementar a presión sobre os propietarios de edificios abandonados ou en ruínas xa que “ao fomentar a rehabilitación se xeraría movemento no mercado”. Ameijide razoaba que “a xente antes que pagar multas  intenta vender os inmobles a prezo do mercado real” matizando que “hai que ter en conta que os edificios dos que estamos falando pola súa localización poden supor unha oportunidade para facer vivendas unifamiliares, rehabilitacións para alugueres, pisos turísticos ou outras iniciativas empresariais ligadas ao Camiño”.

Os populares conclúen que “con estes tipo de actuacións melloraríamos a imaxe do casco histórico, algo fundamental se queremos optar a que sexa declarado Patrimonio da Humanidade.

Por último, dende o PP lamentan que o bigoberno non demostre o mesmo interese que ten coa Xunta á hora de esixir rehabilitacións na Tinería cos propietarios doutros inmobles en mal estado na cidade” reclamando “un maior control en cuestións relacionadas coa conservación dos inmobles en estado ruinoso que hai na cidade”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies