Cultura

O PP di que a mellor maneira de honrar a Paco Pestana é recuperar e difundir a súa obra

By 11 Outubro, 2022Sin comentarios

Beatriz Vázquez recrimina que logo dun ano de que o Grupo Popular pedise que se arranxase a peza do San Sebastián Alanceado da Praza Roxa a escultura siga nunhas condicións lamentables

A popular lamenta que o goberno local siga sen reaccionar ao rogo que presentou o Grupo Popular o 20 de outubro de 2021 onde se comprometían “a estudar a petición do PP na que reclamaban a reparación desta peza”

Nese rogo os populares tamén reclamaban que se consesuase un espazo que garantise a visibilidade e a integridade da obra do artista xa que a peana onde se colocou está ubicada nunha zona onde recibía golpes involuntarios de balonazos dos usuarios da pista

Vázquez dixo que comparte “a humanización de rúas e prazas con esculturas pero  cre que o sentido común aconsella que antes de gastar en novas pezas escultóricas habería que manter en bo estado o patrimonio que xa temos”

Responder

one × four =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies