O PP pide a gratuidade dos transbordos no novo modelo de transporte público

By 26 Febreiro, 2021Marzo 1st, 2021Transporte urbano

O concelleiro popular Antonio Ameijide agradece ao BNG que aceptase a modificación de varias liñas destacando a número 5 que dará servicio ao Hula, Fontiñas, Acea de Olga e futuro Centro Integral de Saúde da Residencia; así como a prolongación de traxectos que beneficiará a veciños de Santa Comba, Muxa ou Nadela e Conturiz

O Partido Popular valora de forma positiva a incorporación de varias das súas propuestas dentro da reforma do transporte urbano. O vicevoceiro popular Antonio Ameijide agradecía que se tiveran en conta a modificación da liña cinco co obxecto de unir diferentes barrios do centro, co futuro Centro Integral de Saúde da Residencia e o Hula”. Tamén manifestou a súa satisfación pola modificación de varias liñas do rural como a liña 3 “que se prolongou ata Torre de Núñez para dar un mellor servizo aos veciños de  Nadela e Conturiz”; a liña 4 que, grazas ao PP, mantén o percorrido do autobús ata a igrexa de Muxa ou a liña 11 que ampliou, dous quilómetros o traxecto, para dar servizo aos veciños de Santa Comba.

Os populares ademais de propiciar melloras en diferentes liñas de autobús esixiron hoxe que os transbordos sexan gratuítos polo que “agardamos que o goberno local teña en consideración a nosa proposta”. Ameijide tamén lembrou ao vicealcalde Rubén Arroxo que dé cumprimento ao acordo de pleno para que os autobuses urbanos de Lugo sexan gratuítos para os menores de 18 anos, xubilados, pensionistas, parados e familias con escasos recursos

Outro aspecto no que incidiron foi en facilitar unha información máis clara e cómoda. Ameijide subliñaba que “non é suficiente con crear unha aplicación móvil” e suxería “facer un rutómetro, similar ao mapa do metro que sexa moi intuitivo e que tamén se poda imprimir para facer chegar ás casas”. Outra petición dos populares foi a de volcar  as novas liñas de autobuses en plataformas que informen en tempo real aos usuarios,  como por exemplo Google Maps.

Leave a Reply

3 × 3 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies