Sen categoría

O PP pide a eliminación de vertedoiros incontrolados, saneamento, melloras de sinalización e limpeza de pistas en varias parroquias

By 8 Decembro, 2023Sin comentarios

VENRES 8.12.2023

  • A concelleira do PP Flor Rubinos solicita que “se eliminen os vertedoiros incontrolados da zona rural e reclama unha maior vixilancia
    para evitar a súa proliferación”
  •  Os populares lamentan que pola permisividade do goberno local “cada vez haxa máis particulares que evaden os sistemas de xestión de
    residuos e opten por acudir á zona rural onde deixan todo tipo de residuos a ceo aberto, cos consecuentes perxuizos para o medio
    natural”
  •  Dende o PP alertan que se non se atalla esta práctica estarían incumprindo os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible relacionado
    coa vida de ecosistemas terrestres (1)
  •  Os populares ponen 2 exemplos de depósitos de lixo ilegais o que está no Monte de Toire situado no linde da parroquia de Benade con
    Muxa onde hai rodas, cables, restos de pláscticos e escombros e prendas de roupa esperexidas nunha ampla zona. O outro punto
    emblemático con desperdicios á beira da estrada está situado na parroquia de Bóveda
  •  Flor Rubinos reflexionaba que o goberno local “lonxe de protexer os intereses dos veciñanza das parroquias e o gran valor natural que hai no municipio, permiten, coa súa pasividade, estas actividades ilícitas, que en moitos casos xeran un perigo enorme para os veciños e o entorno, xa que son focos potenciais de incendios e de contaminación ao medio.

(1) La meta número 5 del o ODS 15 menciona la necesidad de adoptar medidas urgentes y significativas para reducir la degradación de los hábitats naturales, detener la pérdida de la diversidad biológica y, para 2020, proteger las especies amenazadas y evitar su extinción.
La inadecuada gestión de los residuos está directamente relacionada con la pérdida de la biodiversidad. Es imprescindible garantizar su correcto tratamiento para proteger la biodiversidad y minimizar el impacto que tienen en el medioambiente.

SANEAMENTO E SINALIZACIÓN PONTE DE PIÑEIRO

  • Flor Rubinos, a modo de recordatorio, reclama ao goberno local que cumpra coa palabra dada o 30 de abril de 2022 cando a alcaldesa
    nunha reunión coa veciñanza do barrio de Piñeiro en Muxa adquiría o compromiso de que dotaría a este núcleo dos servizos de saneamento e abastecemento
  •  Hai que lembrar que a maior parte das parroquias de Lugo carecen destas prestacións incumprindo o ODS6 sobre AUGA LIMPA E
    SANEAMENTO.
  • Dende o Grupo Popular tamén presentan unha petición relativa á mellora da seguridade viaria no lugar de Piñeiro na parroquia de Muxa. Solicitan a sinalización dunha ponte que non ten ninguna protección e supón un risco para peóns e condutores.

LIMPEZA DE PISTAS

  • Dende o PP tamén reclaman que de forma urxente se faga o mantemento da pista do lugar de Ribas do Miño na parroquia de San
    Mamede onde cada vez que chove a auga arrastra a zahorra e lles entra ás casa. Ademáis das molestias que ocasiona a situación da
    pista supón un perigo para a seguridade viaria.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies