EconomíaPresupostos

O Partido Popular presenta unha trintena de propostas prioritarias, realistas e que se poden cumprir para incorporar aos orzamentos municipais de 2024

By 7 Decembro, 2023Sin comentarios

XOVES 7 DE DECEMBRO DE 2024

• A voceira popular Elena Candia explicou que a batería de propostas que farán chegar ao goberno local para que as teña en conta na elaboración do documento de orzamentos para o vindeiro exercicio “forma parte do traballo proactivo e construtivo que realiza o Grupo Municipal”
• Na rolda de prensa de hoxe os populares lamentaron que, a estas alturas, aínda non se coñeza nada sobre o documento de traballo máis importante que ten o goberno local para marcar a folla de ruta dos investimentos para o 2024 no municipio de Lugo.
• Os populares recrimínanlle a socialistas e nacionalistas que “aínda non puxeran en axenda local un tema tan urxente como este, avanzando que pediremos a través de todos os mecanismos que temos ao noso alcance, a posibilidade de participar e axudar na súa elaboración”
• Tamén lamentaron que a aprobación deste documento orzamentario xa vaia moi tarde e que incumprirá os prazos que marca a lei” (1)
(1) 2. La aprobación definitiva del Presupuesto General por el Pleno de la Corporación habrá de realizarse antes del día 31 de diciembre del año anterior al del ejercicio en que deba aplicarse (art. 150.2, LRHL).

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies