O PP lamenta que o bipartito deixase sen investir 26 M€ en 2020

By 14 Setembro, 2021Economía

O vicevoceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide resumía en tres ideas os datos que hoxe lles presentou o bigoberno sobre a Conta Xeral correspondente ao exercicio do ano 2020. “As ganas e os tempos novos que anunciou o PSOE xa se esfumaron xa que as cifras reflicten que houbo unha baixa execución dos investimentos”. O ano pasado quedaron sen investir máis de 26 millóns de euros cunha porcentaxe ínfima de execución do Plan de investimentos de a penas o 19%. “Son millóns de euros que quedaron sen empregar pola parálise do bigoberno, que viría moi ben para mellorar os barrios e parroquias do municipio” manifestou.

Os populares tamén consideran “desolador” que siga aumentando a cifra de incobrados alcanzando máximos históricos con máis de 22M€ de saldos de dubidoso cobro durante os anos nos que Lara Méndez é alcaldesa que abranguen o periodo de 2015 ata a actualidade.

Noutra orde de cousas, os populares ainda que son conscientes que a pandemia provocou unha baixada de ingresos nas arcas municipais manifestaron que había previsiones de impostos totalmente infladas. Ameijide lembrou como  o bigobierno ingresou menos da mitad do que preveía en concreto uns 80 millóns menos da previsión de ingresos que figuraba na conta xeral 2020.

Neste senso destacou os datos relativos a varios impostos relacionados coa construción e que poñen en evidencia os problemas de funcionamento e a parálisis no departamento de urbanismo o que supuxo un freo para que evolucionase este  sector:

  1. No ICIO, nas licenzas urbanísticas e en apertura de establecementos as previsións rexistran desfases negativos de máis do 60%.
  2. Canto ás infracións urbanísticas a recaudación neta foi de 6.000 € fronte aos 250.000 € que preveían, por tanto so ingresaron o 2,4% do que puxeron no papel.
  3. É curioso que nas execucións subsidiarias o bigoberno ingresara cero euros cando tiña unha partida de 250.000 € para limpeza de parcelas, apuntalamento de edificios en ruína … etc
  4. Co Imposto da plusvalía pensaban ingresar 2.700.000 € pero o ingreso real foi de 529.000 € faltando por percibir o 80% do planificado.

Por útlimo resulta chamativo o desfase brutal tamén nos ingrsos polo lixo e auga, no que se preveía recadar 14.993.000 € e quedaron sen cobrar 6.289.000 €, un 49% do total previsto no documento.

Con respecto ás transferencias correntes destacar que:

  • Dos 3.193.000 € que preveían ingresar da Unión Europea unicamente xustificaron 29.000 €. Esta cifra revela a falta de execución que retrasa a recepción dos fondos europeos.
  • No capítulo doutras transferencias da Unión Europea no que preveían ingresos de 2.704.000 € non percibiron nada. “En ambos casos esta rebaixa débese a baixa execución das obras e aquí non poden poñer como excusa a pandemia” aclaran os populares.
  • Tamén é chamativo que sendo un goberno amigo o da Deputación só ingresaran a metade das transferencias correntes que presupostaron. Dos 750.000 € que anotaron só hai en caixa 379.000 €.

 

Antonio Ameijide remataba cunha mensaxa ao BNG “os socios de gobernos do PSOE non poden irse de rositas porque teñen a metade da responsabilidade no fiasco das contas municipais”.

 

Leave a Reply

10 + four =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies