El PP lamenta que el bipartito dejase sin invertir 26 M€ en 2020

By 14 septiembre, 2021Economía

Antonio Ameijide resumía en tres ideas los datos que hoy les presentó el bigoberno sobre la Cuenta General  correspondiente al ejercicio del año 2020. “As ganas e os tempos novos que anunciou o PSOE xa se esfumaron xa que as cifras reflicten que houbo unha baixa execución dos investimentos”. O ano pasado quedaron sen investir máis de 26 millóns de euros cunha porcentaxe ínfima de execución do Plan de investimentos de a penas o 19%. “Son millóns de euros que quedaron sen empregar pola parálise do bigoberno, que viría moi ben para mellorar os barrios e parroquias do municipio” manifestou.

Os populares tamén consideran “desolador” que siga aumentando a cifra de incobrados alcanzando máximos históricos con máis de 22M€ de saldos de dubidoso cobro durante os anos nos que Lara Méndez é alcaldesa que abranguen o periodo de 2015 ata a actualidade.

Noutra orde de cousas, os populares ainda que son conscientes que a pandemia provocou unha baixada de ingresos nas arcas municipais manifestaron que había previsiones de impostos totalmente infladas. Ameijide lembrou como  o bigobierno ingresou menos da mitad do que preveía en concreto uns 80 millóns menos da previsión de ingresos que figuraba na conta xeral 2020.

Neste senso destacou os datos relativos a varios impostos relacionados coa construción e que poñen en evidencia os problemas de funcionamento e a parálisis no departamento de urbanismo o que supuxo un freo para que evolucionase este  sector:

  1. No ICIO, nas licenzas urbanísticas e en apertura de establecementos as previsións rexistran desfases negativos de máis do 60%.
  2. Canto ás infracións urbanísticas a recaudación neta foi de 6.000 € fronte aos 250.000 € que preveían, por tanto so ingresaron o 2,4% do que puxeron no papel.
  3. É curioso que nas execucións subsidiarias o bigoberno ingresara cero euros cando tiña unha partida de 250.000 € para limpeza de parcelas, apuntalamento de edificios en ruína … etc
  4. Co Imposto da plusvalía pensaban ingresar 2.700.000 € pero o ingreso real foi de 529.000 € faltando por percibir o 80% do planificado.

Por útlimo resulta chamativo o desfase brutal tamén nos ingrsos polo lixo e auga, no que se preveía recadar 14.993.000 € e quedaron sen cobrar 6.289.000 €, un 49% do total previsto no documento.

Con respecto ás transferencias correntes destacar que:

  • Dos 3.193.000 € que preveían ingresar da Unión Europea unicamente xustificaron 29.000 €. Esta cifra revela a falta de execución que retrasa a recepción dos fondos europeos.
  • No capítulo doutras transferencias da Unión Europea no que preveían ingresos de 2.704.000 € non percibiron nada. “En ambos casos esta rebaixa débese a baixa execución das obras e aquí non poden poñer como excusa a pandemia” aclaran os populares.
  • Tamén é chamativo que sendo un goberno amigo o da Deputación só ingresaran a metade das transferencias correntes que presupostaron. Dos 750.000 € que anotaron só hai en caixa 379.000 €.

 

Antonio Ameijide remataba cunha mensaxa ao BNG “os socios de gobernos do PSOE non poden irse de rositas porque teñen a metade da responsabilidade no fiasco das contas municipais”.

 

Leave a Reply

nueve − ocho =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies