Seguridade

O PP lamenta que Lara Méndez non puidese aprobar medidas de apoio a afectados por okupacións ilegais por ser refén dos seus socios de goberno

By 29 Setembro, 2022Sin comentarios

Ramón Carballo lamenta o nulo talante negociador da rexedora, tras ver a negativa da alcaldesa a trocar unha emenda de substitución a engádega

Lara Méndez segue a dar bandazos no que atinxe aos okupas. Despois de anunciar medidas de apoio a afectados por okupacións ilegais de vivendas, hoxe deu un novo bandazo ao votar en contra dunha iniciativa do PP que pedía unha modificación lexislativa a nivel nacional para garantir desokupacións en 24 horas e apoiar aos veciños de Albeiros no caso de que decidan iniciar unha recollida de sinaturas para iniciar unha iniciativa lexislativa popular.

“Sorprendido”. Así se amosou Ramón Carballo. O voceiro popular non entende a postura de Lara Méndez, que se negou a apoiar a proposta dos populares, tras ver como non se aceptaba unha emenda que presentou o PSOE. “Estabamos dispostos a aceptar a emenda do PSOE se fóra de engádega, xa que as achegas de todos son sinónimo de unidade, algo preciso para loitar contra esta lacra”, afirmou.

Tras ver como a alcaldesa negouse a cambiar a emenda de substitución a engádega os populares afirman que “desde o PSOE tentan desvirtuar a proposta e non queren axudar aos afectados, seguramente porque os seus socios de goberno, tanto en Madrid como en Lugo, non lles deixan”.

Responder

twenty − thirteen =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies