EconomíaTráfico

O PP lamenta a negativa de Lara Méndez para pedir a Pedro Sánchez unha nova proposta para o mapa concesional do transporte

By 28 Xullo, 2022Sin comentarios

Pese ao veto de Lara Méndez, o Grupo Municipal Popular conseguiu a aprobación da iniciativa grazas aos votos a favor de BNG e Cidadáns, polo que agardan que o Concello de Lugo inste ao Goberno central a reformular a proposta tendo en conta as achegas de Comunidades Autónomas, Deputacións, Concellos e demais actores implicados no transporte por estrada

Para o Partido Popular todas as políticas públicas deben estar orientadas á mellora na atención das necesidades da poboación, calquera que sexa o lugar no que residan, implementando as ferramentas que se precisen para que o servizo aos cidadáns sexa capaz de responder as súas demandas. En concreto, nesta materia, debe incorporar os mecanismos que permitan dotar da maior eficiencia ao transporte en autobús, aproveitándose das vantaxes que a dixitalización pode ofrecer para a mellora do servizo, coa mirada posta sempre na necesidade de garantir unha maior sustentabilidade na execución deste.

Os españois teñen a liberdade para elixir vivir en pobos ou cidades e son as administracións públicas as que, no exercicio das súas competencias, deben ofrecer o acceso en igualdade ás mesmas oportunidades.

Hai que destacar que esta idea está entre as prioridades estratéxicas que a Unión Europea marcou para o período 2019-2024, e que o Consello Europeo delimitou coa denominada “Axenda Estratéxica 2019-2024”, integrando varios aspectos relacionados co tema que nos ocupa. De entre as seis prioridades recollidas nesta axenda, márcanse a transformación dixital, a sustentabilidade e que as políticas se deseñen ao servizo das persoas, todas elas nucleares no desenvolvemento de medidas do transporte de viaxeiros en autobús, entre as que se incide, especificamente, na vontade de pechar brechas nas redes de todo tipo de transporte.

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana emitiu unha nota de prensa na que dá a coñecer o “impulso do transporte regular de viaxeiros por autobús cun novo Mapa Concesional”, coa finalidade de executar un novo sistema concesional de autobuses ao servizo das persoas, que necesariamente se deberá coordinar cos diversos mapas existentes a nivel autonómico.

Isto tradúcese para o Partido Popular en que, ademais de coñecer con exactitude as demandas e a realidade da sociedade, é preciso contar con todos aqueles que han de participar na elaboración, a execución e o mantemento das políticas públicas, tamén na esfera do transporte, xa que só sumando o esforzo de todos se logrará un servizo máis completo, máis eficiente e máis consciente da realidade na que debe desenvolverse.

Con todo, faise evidente que a postura do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana non obedece a ningún dos criterios expostos, e especialmente non integra nin responde ás necesidades dos españois que viven nas zonas de menos poboación e áreas rurais, ás que desatende e non ofrece a resposta necesaria no que a prestación do servizo de autobuses refírese.

De feito, recorta o servizo en tales espazos coa perda de conexión e competitividade que iso supón, dando prioridade exclusivamente á planificación urbana e metropolitana, así como a rendibilidade económica da mobilidade, condenando a zonas moi extensas da xeografía española.

A redución de roteiros e de municipios con parada regular de autobuses é unha nova condena deste goberno a quen vive en zonas rurais que non responde en absoluto á vontade de deseñar políticas ao servizo das persoas.

Como consecuencia deste abandono, o plan presentado polo Goberno adoece dun extremo que resulta indispensable: o diálogo e a apertura á achega dos demais actores implicados.

A realidade é que, fronte ao exposto polo goberno na presentación deste novo Mapa Concesional, primou a ausencia de diálogo e colaboración, desatendendo as necesidades dos españois e de quen habita en zonas menos poboadas, polo que é preciso que reverter os pasos dados, para permitir un deseño que responda ás necesidades de todos os cidadáns e en todo o territorio, garanta unha maior eficiencia do transporte por estrada en autobús e incorpore as ferramentas dixitais e de sustentabilidade que melloren a prestación deste servizo.

Por todo o exposto, o Grupo Popular no Concello de Lugo, presenta a seguinte:

O Concello de Lugo, insta ao Goberno e ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a:

PRIMEIRO.- Retirar o Mapa Concesional presentado polo Ministerio, procedendo á elaboración dun novo.

SEGUNDO.- Abrir un proceso de debate sobre un novo mapa concesional, onde se expoñan as liñas claras de actuación que o Goberno pretende desenvolver, buscando garantir e mellorar o servizo de transporte por autobús en todo o territorio nacional.

TERCEIRO.- Escoitar as achegas que poidan realizar as comunidades autónomas, Deputacións Provinciais e Concellos relacionados, así como as que poidan realizar os demais actores implicados no transporte por estrada en autobús, singularmente os representantes do diálogo social.

CUARTO.- Dar traslado destes acordos á Presidencia do Goberno de España, á Ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, aos Portavoces dos Grupos parlamentarios nas CCAA e aos representantes do sector do transporte español.

Responder

nineteen − 2 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies