Servizos xerais

O PP lamenta que o goberno local se negue a poñer en marcha medidas para axudar a celíacos

By 28 Xullo, 2022Sin comentarios

No Grupo Municipal Popular non entenden a negativa do goberno local a poñer en marcha medidas de apoio a celíacos, que se calcula que en Lugo son un 2% da poboación, un colectivo que non ten tratamento contra esta doenza, polo que unicamente poden facer dieta con produtos que supoñen un custo extra de 800€/ano

Nos últimos tempos a palabra “celiaquía” pasou a formar parte do vocabulario habitual en moitas familias. Esta “enfermidade multisistémica con base autoinmune provocada polo gluten e as prolaminas” precisa da súa visibilidade para que se poda dar apoio ás persoas que a padecen. Estamos a falar dunha enfermidade que afecta ao 1% da poboación e para a que non existe tratamento curativo. O benestar dos afectados pasa por concienciar a toda a sociedade da relevancia de medidas que poidan axudar ás familias a facer máis levadeiro o cambio de hábitos, principal recurso para que os enfermos podan ter unha boa calidade de vida.

Co obxectivo final de normalizar a vida deste colectivo faise preciso dar visibilidade e apoio a esta doencia. No ano 2020 levouse a pleno unha iniciativa do GMPP para conquerir este obxectivo, pero quedou en papel mollado xa que apenas se fixo nada ao respecto dende entón.

Aínda que a oferta para celíacos na maioría dos municipios estase a incrementar, vemos que na cidade de Lugo está moi limitada. Por iso faise preciso tomar medidas que fomenten entre o comercio e a hostalería da nosa cidade a sensibilidade con este colectivo, ampliando a oferta que existe e dando servizos de calidade.

É o momento de buscar iniciativas para favorecer a este colectivo e que sexamos capaces de aproveitar sinerxias das demandas que teñen os enfermos desta doencia. Poñer a Lugo no mapa da gastronomía accesible, de xeito que esto supoña un reclamo para coñecer a hostalería da nosa cidade e que Lugo se sitúe entre as cidades que ofrecen alternativas a estos enfermos, é unha oportunidade que non se debe desaproveitar, e dende o Concello de Lugo podemos colaborar de xeito activo fomentando e incentivando esta implicación do sector. Os celíacos tamén fan turismo e buscan destinos que lles permita facer unha vida con normalidade alí dónde van.  A día de hoxe Lugo se atopa na cola das cidades galegas en canto á oferta de productos adaptados a intolerantes, pero se de algo pode presumir esta cidade é da calidade da súa horta e da súa cociña, o que debe permitir facer propostas de primeiro nivel para os amantes da gastronomía que, ademáis, se elaboren con toda a seguridade para os que conviven con este tipo de diagnóstico.

Pero non só estamos a falar de medidas que permitan á cidade aproveitar esta  coxuntura, estamos a demandar medidas ante un colectivo dobremente castigado. A día de hoxe a cesta da compra sen glute ten un custo máis elevado, de feito, existen estudos que poñen de manifesto que as familias que teñen algún membro que padezca celiaquía virón a súa cesta da compra incrementada en 860€ no ano 2021.

Por todo isto o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

  1. Estableza un programa de apoio ás familias con escasos recursos económicos que teñan algún membro que padeza a enfermidade celíaca ou outras intolerancias, facilitándolles unha serie de lotes mensuais de produtos alimenticios básicos sen glute.
  2. Promova en colaboración coa Asociación Galega de Celiacos unha campaña de divulgación sobre a celiaquía e concienciación desde unha idade temprana.
  3. Que o Concello de Lugo convenie coa ACEGA e a Asociación Provincial de Hostalaría levar a cabo iniciativas que poñan a Lugo no mapa da gastronomía accesible.
  4. Que nos futuros pregos de condicións das casetas do polbo se puntúe aquelas que ofrezan garantías para consumir o produto estrela do San Froilán”.
  5. Que se faga un Concurso ou tour de Tapas sen glute similares ao Tapas Picadillo de A Coruña, Santiago é Tapas, Sabores de Ourense ou Potealmorzo de Pontevedra.
  6. Que se incentive entre a hostalería e o comercio de Lugo a oferta de productos sen glute con garantías de seguridade para os consumidores e con precios competitivos no sector. MUY SIMILAR A LA 3
  7. Se dirixa ao Goberno de España para que impulse unha baixada do IVE para os produtos sen glute, e a Deputación Provincial de Lugo para que edite unha guía gratuíta de información sobre este tipo de enfermidades.

Responder

10 − six =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies