O PP invita a Méndez a sumarse aos Concellos emprendedores para beneficiarse dos Next Generation

By 20 Novembro, 2021Novembro 22nd, 2021Economía

Os populares aseguran que a integración ao Doing Business será un complemento do Lugo Transforma que promove o Concello e apelan “á responsabilidade da alcaldesa” para unirse a este equipo xa que “unha negativa a esta iniciativa sería como darlle a espalda aos grandes cambios económicos que van supoñer aos municipios adheridos”

O Grupo Municipal do Partido Popular presentará unha proposición de pleno para que Lugo se sume á rede dos concellos doing business de cara a beneficiarse dos fondos Next Generation. Neste momento en Galicia hay 147 concellos, 22 deles na provincia de Lugo, adheridos a este convenio de colaboración asinado pola Xunta e a Fegamp. Os populares explican que a incorporación de Lugo aos Concellos Emprendedores complementará o programa de captación de empresas Lugo Transforma lembrando que agarda que os socialistas e nacionalistas teñan altura de miras e “ao igual que o PP apoiou sin fisuras sacar da hucha das arcas municipais 12 Millóns de euros para destinalos a este programa”.

O voceiro do Grupo Popular explicou que “ao sumarse aos Doing Business o Concello de Lugo se tería que comprometer a ofrecer bonificacións no IBI (Imposto Bens Inmobles), IAE (Imposto de Actividades Económicas) e o ICIO (Imposto sobre Construcciónes, Instalacións e Obras) ás empresas que se instalen no termo municipal a cambio dun compromiso de creación de emprego”. Todas estas propostas son as que o Grupo Popular presentou para modificar as ordenanzas fiscais de cara ao vindeiro exercicio.

Outro aspecto que recolle este protocolo é a necesidade de axilizar os trámites administrativos e se marca como obxectivo a resolución nun mes das licenzas de obra maior. Nese senso Ameijide explica que pedirá ao concello de Lugo que se comprometa a facer os trámites e estudos oportunos para que se aplique o Artigo 54 da Lei de Simplificación da Lei 09/2021 de Simplificación Administrativa e de Apoio á Reactivación Económica de Galicia. Esta normativa ofrece a posibilidade de que os proxectos que vaian acompañados dunha certificación emitida por una ECCOM se informen por parte do Concello no prazo dun mes.

Os populares insisten en que “é importante que Lugo forme parte das administracións que colaboran co emprendedor para crear postos de traballo” matizando que “non podemos deixar que se perdan oportunidades de negocio, queremos que Lugo sexa un lugar atractivo para o investimento, a alcaldesa e o seu equipo deberían ter altura de miras e asumir un papel de comercial dos reclamos que ten o municipio”. En definitiva, concluiu Ameijide “tendo en Lugo un polígono cinco estrelas onde implantarse, como é o das Gándaras, o que se precisa son máis incentivos fiscais e menos papeleo administrativo”.

O popular tamén destacou o “efecto multiplicador” desta iniciativa xa que “ao mesmo tempo que se apoia á implantación do tecido empresarial os concellos terán un tratamento preferente na concesión de axudas autonómicas destinadas a impulsar a industria, o emprego ou o emprendemento como é o caso dos fondos Next Generation”.

Leave a Reply

9 + 4 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies