O PP afirma que Lara Méndez non executará a demolición nin a indemnización millonaria do Garañón neste mandato

By 19 Novembro, 2021Urbanismo

O vicevoceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide explica que despois das respostas dadas na comisión desta mañá polos concelleiros socialistas, están na fase 1 das seis nas que dixeron que se dividía o proceso de demolición do maior expoñente do urbanismo ilegal e á carta do PSOE de Lugo

Dende o PP amosaron a súa preocupación tras anos dende que Lara Méndez anunciase a zona verde no Garañón, seguen sen saber ou desvelar o custe da demolición das torres da vergoña e sobre todo cantas ducias de millóns de € pensan pagar de indemnización pola licencia ilegal dada polo PSOE.

Antonio Ameijide critica que Paula Alvarellos urxa ao PP a solicitar por escrito unha xuntanza para coñecer datos máis concretos cando este grupo está agardando dende o 27 de outubro por unha xuntanza con Lara Méndez para avanzar en materia urbanística.

Para Ameijide a petición de Alvarellos certifica que as descoordinacións no goberno local non quedan só entre PSOE e BNG senón que Lara Méndez e a concelleira de economía non se deben nin dirixir a palabra, do contrario non convidaría a pedir unha xuntanza que levamos tres semanas agardando.

O popular explica que para poder realizar a zona verde no Garañón é preciso modificar o PXOM, trámites que o goberno local non ten data de inicio e moito menos de fin.

Antonio Ameijide afea ao goberno local a negativa a aportar datos concretos sobre a situación na que se atopa o proceso de demolición do Garañón, escudándose en xeneralidades e en que o proceso o está a realizar unha empresa externa ao Concello.

Leave a Reply

18 + 2 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies