Seguridade

O PP insiste por 24ª vez na necesidade de instalar cámaras de vixilancia en Lugo para garantir a seguridade

By 1 Decembro, 2022Sin comentarios

Antonio Ameijide insiste na necesidade de contar con este sistema de videovixilancia xa que é de gran axuda ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para poder resolver as investigacións en curso e tamén como medida disuasoria

Despois de comprobar como os últimos delitos graves que tiveron lugar en Lugo conseguiron resolverse grazas as imaxes obtidas a través de cámaras de vixilancia privadas, desde o Partido Popular piden a Lara Méndez e Rubén Arroxo que reconsideren a súa postura para instalar cámaras de vixilancia na cidade.

Antonio Ameijide explica que “non se trata de instalar unha cámara en cada rúa ou en cada esquina” senón que o que pedimos é que se considere a posibilidade de instalar cámaras de vixilancia en puntos sensibles do municipio, tales como os polígonos industriais ou nas inmediacións do patrimonio histórico e cultural e de edificios singulares. “Somos conscientes de que é fundamental garantir o dereito á privacidade de cada lucense, pero tamén sabemos que os últimos delictos graves que ocorreron en Lugo puideron resolverse tras ver as imaxes de cámaras de vixilancia privadas”, explicou.

Para os populares é preciso poñer en marcha este sistema de vixilancia en determinadas zonas do municipio xa que nos últimos anos tiveron lugar en Lugo actos graves, xa fosen ataques ao patrimonio ou entre persoas, que se resolveron grazas as imaxes gravadas por cámaras privadas ou de tráfico.

Antonio Ameijide recorda como na cidade xa houbo un sistema de cámaras de vixilancia en funcionamento, no Polígono de O Ceao entre 2007 e 2012, pero que quedou en desuso hai xa unha década despois de que o Concello de Lugo, liderado naquel momento por José López Orozco, decidise non renovar a petición de permiso para que seguisen en funcionamento, decisión que nin Lara Méndez nin Rubén Arroxo decidiron emendar.

Responder

three × 1 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies