Economía

O PP esixe traballo ao goberno local para dar unha solución ás 173 reclamacións pendentes por cobros excesivos nos recibos da auga

By 19 Maio, 2022Sin comentarios

Os populares explican que ás 5 queixas que se rexistraron durante o mes de abril sobre cobros excesivos nos recibos da auga hai que engadir as 168 reclamacións que hai pendentes de resposta e que xa están fóra do prazo legal para dar unha solución

Na comisión de queixas e suxestións desta mañá quedou patente, unha vez máis, o grave problema que ten o goberno local de Lugo coas facturas da auga, xa que se comprobou como hai 173 queixas de lucenses pendentes de resolver.

Para os concelleiros popular estamos ante unha “nova onda” de facturas de auga con cobros excesivos, xa que ás queixas que hai rexistradas na comisión haberá que engadir as que nos fixeron chegar nas últimas semanas moitos lucenses, que, unha vez máis, puxéronse en contacto co Grupo Municipal Popular por cobros excesivos nas facturas da auga.

Destas 173 reclamacións pendentes, 5 corresponden a queixas presentadas durante o mes de abril, e que aínda estarían en prazo de resposta, pero hai 168 reclamacións pendentes e fóra de prazo.

Para os populares “é inaceptable” que o goberno local siga sen admitir “a falta de xestión, descontrol e a falta de dirección política” que hai no Concello de Lugo xa que “máis dun ano despois de detectar os primeiros erros seguimos nas mesmas, e agora xa non vale a escusa da pandemia”.

Ante esta situación, os concelleiros populares recordan que as portas do Grupo Municipal Popular seguen abertas para axudar aos afectados a presentar as reclamacións oportunas.

Responder

12 + nineteen =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies