Deportes

O PP acusa ao goberno local de mentir no referente á organización do Corre con Nós

By 19 Maio, 2022Sin comentarios

Óscar Poy explica que na comisión desta mañá Ana González Abelleira afirmou que “consultaron a todos os deportistas interesados no Corre con Nós” as liñas a seguir na organización deste circuíto de carreiras, “unha soberana mentira” que se desmontou en canto finalizou a comisión, xa que se preguntou polo menos a cinco deportistas que participan habitualmente nestas probas “e ningún recibiu pregunta algunha do Concello”

O Corre con Nós, unha das probas emblemáticas do atletismo popular lucense, está a converterse nun problema para o goberno local, sobre todo despois de ver as “vagas e penosas” escusas ofrecidas polo goberno local en torno á organización deste evento deportivo.

Na comisión desta mañá, Óscar Poy preguntou polos motivos na demora na organización desta proba, sobre todo despois de que no pasado mes de novembro Mauricio Repetto asegurase que xa estaban a traballar na organización deste circuíto deportiva que, habitualmente, componse de seis probas.

Para o concelleiro popular a afirmación de Ana González Abelleira de que “contan co apoio de todos os deportistas interesados neste circuíto para celebrar unha única proba” é, cando menos, “unha soberana mentira”. Unha afirmación que o popular basea no feito de que, trala comisión, falou, polo menos, con cinco deportistas que participaron nos últimos anos no Corre con Nós e todos confirmaron que non recibiron pregunta algunha do Concello.

Óscar Poy critica ao goberno local por “falar dunha única proba do Corre con Nós” o pasado 13 de maio, despois de ver como o 10 de maio o Grupo Municipal Popular rexistraba varias preguntas para comisión referidas a este tema. “Unha vez máis demóstrase que o PP segue a marcar o ritmo de traballo ao goberno local, máis preocupado de facerse fotos que de resolver as necesidades dos lucenses”, afirmou.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies