Urbanismo

O PP esixe ao goberno que cumpra o acordo coa CHMS para aprobar o 100% do PXOM

By 9 Setembro, 2015Xaneiro 12th, 2016Sin comentarios

O voceiro popular Jaime Castiñeira critica a “falta de reflexos” da alcaldesa para impulsar asuntos prioritarios como o PXOM, que leva en trámite dende hai máis 16 anos, e que pola falta de xestión e a parálise do goberno socialista segue atascado

Os populares temen que a aprobación do 5% pendente do PXOM siga acumulando retrasos xa que “se descoñece quen, como e cando se van a elaborar os estudos de zonas inundables que o goberno local compreteuse a realizar, o pasado mes de marzo,  para desbloquear o Plan Xeral”. O voceiro do Grupo Popular Jaime Castiñeira refírese ao acordo que se acadou na reunión que promoveu o PP, o pasado 23 de marzo, con distintos Grupos Políticos e representantes da CHMS.

Os populares indicaron que o propio responsable de urbanismo recoñeceu que o informe, a estas alturas, podería estar listo e nas súas propias palabras que “a tramitación que faltaba era sinxela e que xa tiñan cousas avanzadas” lembrando como “o anterior responsable de urbanismo apuntaba que o traballo se ía acometer de inmediato”.

Jaime Castiñeira  invitou á alcaldesa socialista a marcar prioridades para impulsar “temas enquistados dende hai anos polo afán dos socialistas de entrar en litixios constantes e pasar responsabilidades a outras administracións”. “Este é un asunto prioritario polas repercusións económicas e o seu impacto nun sector moi castigado pola crise”, matizou o voceiro popular.

Os populares trasladan a inquedanza dos cidadáns que “continuan á espera” e sen saber que vai pasar cun tema importante para o desenvolvemento da cidade como é o Plan General “queremos saber si Lara Méndez vai a derivar como os seus predecesores o problema a terceiros ou cambiará de dirección e liderará esta tramitación bloqueada dende hai máis de 16 anos”.

O voceiro popular avanzou que rexistrará unha batería de preguntas para coñecer se se iniciaron os traballos para delimitar os cauces necesarios para avanzar os trámites do Plan Xeral; se se están facendo con medios propios ou se contratou a algunha empresa externa?; ¿en que prazo estima a alcaldesa que terá a documentación preparada para enviar á Xunta?. “Dá a sensación de que non se fixo absolutamente nada” concluíu Castiñeira.

Jaime Castiñeira indicou que unha das consecuencias de que os socialistas non teñan un proxecto claro da cidade  visualízanse nos retrasos constantes á hora de incumprir prazos xa que van “máis de 16 anos de gobernos do PSOE e ainda non se aprobou o 100% do Plan Xeral; tamén cúmprense case catro anos e medio da orde da CMATI que suspendeu o 5% do PXOM como consecuencia de diferentes erros na documentación xa que faltaba incorporar estudos hidrolóxicos e hidráulicos de varios leitos así como grafar o tramo alto do rio Rato; e po último cúmprense dous anos dende que o pleno, a instancias do PP, acordou elaborar antes de rematar o 2013 as correccións necesarias para aprobar o 5% pendente”. (Pleno 7 de outubro de 2013)

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies