Servizos sociais

O PP esixe a adhesión ao VioGén logo de que o goberno local asegurase que con 4 policías era suficiente para sumarse ao programa

By 19 Novembro, 2022No Comments

A concelleira popular Macamen López Silva lamenta profundamente que “a alcaldesa de Lugo fale de que se reforzan as accións contra a violencia de xénero” cando “Lugo é a única das 7 grandes cidades que segue sen adherirse ao VioGén”. Lara Méndez incumpre varios acordos plenarios nos que a corporación, votou de forma unánime, á proposicións que fixo o Grupo Popular en outubro de 2019 e que reiterou en outubro de 2020.

Para os populares resulta “unha tomadura de pelo” que na comisión deste venres recoñecesen que para poñer en marcha o protocolo precisaban de unicamente de 4 axentes cando levanban anos dicindo que non se sumanban ao VioGén 1º porque non tiñan persoal e en segundo lugar porque non había axentes suficientes con formación. Eso por non lembrar as disculpas de que os funcionarios estaban saturados para facer a tramitación administrativa ou que o retraso se debía a problemas derivados da  covid.

López Silva afirma que a contestación do goberno pon en evidencia que levan anos mentindo porque dende que se fixo a nova RPT se aumentaron os efectivos da policía local e tamén se formaron a 15 axentes, tal e como se recolle en actas de varias comisións

Os populares afirman que eles mesmos se desacreditan e qudan “sen argumentos para xustificar a súa negativa a adherirse a este Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero”.

Achegas 25-

Por outra parte a popular lamentou que para a organización dos actos do 25-N non se tiveran en conta nin unha das achegas rexistradas e que se presentaron no foro de igualdade. “O PP neste asunto, como noutros intenta sumar esforzos, sen ter en conta a ideoloxía política para acabar con esta lacra social”.

 

 

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies