Tráfico

O PP propón conveniar, con propietarios de solares sen uso na Residencia, espazos para crear novos aparcamentos

By 19 Novembro, 2022Sin comentarios

“Aparcar en Lugo é misión imposible e nalgúns barrios, como o da Residencia, co trazado do carril bici agravouse o problema porque se suprimiron centos de prazas para aparcar”

O Partido Popular propón ao goberno local que realice convenios con particulares para habilitar, en solares privados, novos aparcadoiros disuasorios que darían unha alternativa aos conductores que buscan prazas libres no barrio da Residencia. Os populares aseguran que “deste xeito se compensaría e se daría unha solución real á perda de prazas para aparcar por mor do trazado do carril bici que implantou o goberno do PSOE-BNG nesta zona e que suprimiu centos de prazas”.

“O que pedimos é que se negocie cos propietarios de fincas sen edificar na Residencia para que as cedan de forma temporal. O concello tería que asumir a limpeza e o mantemento destas novas zonas e se podería estudar exencións e bonificacións para os propietarios das fincas. Dende o PP indican que tamén se podería estudar a posibilidade de alugar ou adquirir os terreos.

ALTERNATIVAS

Entre as ubicacións posibles para instalar estes aparcamentos disuasorios están dúas bolsas de solo sen edificar: “unha finca que está a man esquerda subindo pola Rúa Pomar que daba servizo á Parrillada Antonio; tamén hai outros solares no entorno da rúa Orquídea que poderían ser outra alternativa para facilitar o aparcamento na zona”.

Os populares insisten na necesidade de habilitar novas zonas de aparcamentos públicos gratuitos na zona diante do incremento de tráfico que se prevé coa apertura dos novos servizos do Centro Integral de Saúde e insisten en que  “para mellorar a mobilidade do barrio é preciso estudar un cambio do trazado do carril bici que tanto está a perxudicar á veciñanza como ao comercio da barrio”

PROPOSTAS PP APARCAMENTOS ALTERNATIVOS

Dende que a alcaldesa de Lugo decidiu, de forma unilateral, anular a ORA (xullo de 2015) dende o Grupo Municipal do PP fixemos inumerables peticións para que se dotasen máis prazas de aparcadoiros públicos gratuitos. De feito hai unha iniciativa do ano 2019, aprobada por unanimidade, na que se solicitaba que se fixeran parkings disuasorios no entorno do casco histórico para facilitar o aparcamento da veciñanza que quere ir ao centro.

https://www.ppdelugo.com/o-pp-propon-implantar-aparcadoiros-disuasorios-no-entorno-do-casco-historico-conveniando-cos-propietarios-de-solares-sen-uso/

Responder

19 − 14 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies