AccesibilidadInfraestruturas

O PP reclama, por terceira vez no que vai de ano, que se arranxe o firme do aparcadoiro no campo de fútbol das Gándaras

By 20 Novembro, 2022Sin comentarios

O Grupo Municipal do Partido Popular defenderá un rogo no pleno deste mes para que o Concello de Lugo “inicie as xestións co Goberno central para asinar un convenio e conseguir a cesión da parcela que linda coa parte posterior do campo de futbol das Gándaras e que usan, a diario, centos de lucenses”.

Os populares tamén instan a que “de forma urxente se arranxe a rúa anexa a estas instalacións municipais e que tamén se emprega como aparcadoiro”. O concelleiro popular Óscar Poy manifestou que “ambas zonas do aparcadoiro están en moi mal estado, tanto a rúa Lavanco como a parcela de defensa, están plagadas de fochancas”.

O edil do PP lembrou como dende o Grupo Popular presentouse unha iniciativa no pleno de marzo para facer un plan integral da zona. “Á vista de que o goberno local non arranxaba as pozas que hai no perímetro do campo de fútbol e que os usuarios seguían sufrindo os mesmos problemas reiterouse esta petición no mes de maio”. “Co ánimo de que se tome en consideración esta queixa da veciñanza, e dada a falta de voluntade política de PSOE e BNG de arranxar este asunto o Grupo Popular presenta un rogo a pleno deste mes”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies