EconomíaInfraestruturasTransparencia

O PP di que revender as turbinas da Fábrica da Luz “é un farol” xa que están feitas a medida para o espazo e as condicións do salto

By 5 Maio, 2022Sin comentarios

O PP informará mañá das accións que vai emprender para evitar que os lucenses paguen a sangría de diñeiro que nos custa a mala xestión de Lara Méndez na Fábrica da Luz tras coñecerse o cuarto pau xudicial que obriga ao Concello a pagar os últimos 95.400 € da indemnización á empresa concesionaria 

O Partido Popular informará mañá venres das accións que estime oportunas con respecto á “mala praxe” na concesión da Fábrica da Luz. O vicevoceiro popular explica que a situación, que se deriva da cascada de despropósitos nesta infraestructura municipal, é moi lesiva para o peto dos lucenses.

“Xa imos no cuarto pau xudicial”, matiza Ameijide, argumentando que o último capítulo desta crónica é que “teremos que pagar intereses polo feito de non ter ingresado, antes do 1 de marzo de 2022, o importe completo da indemnización de 2,4M€ á empresa concesionaria”

Os populares afirman que “a alcaldesa enrocouse en negarse a pagar os 95.400€ do terceiro pago desta indemnización xustificándoo en que faltaban os tubos de aspiración da auga do río. O popular aclara que “estas pezas non se entregaron porque Inca non puido tomar as medidas xa que o goberno local non lle permitiu o acceso ás instalacións”.

Outra carga que nos deixa “o que foi un dos negocios máis ruinosos dos gobernos socialistas” é que trala renuncia do Concello á concesión temos que asumir uns equipos valorados en máis de 700.000 € que foron feitos a medida para o espazo e as condicións do salto de auga da Fábrica da Luz e que “sería practicamente imposible adaptar a outras instalacións”. Precisamente, estas dúas turbinas nos están dando gastos de almacenaxe dende o pasado mes de marzo “pagamos 1.400 € mensuais por telas depositadas nunha nave do polígono de O Corgo”.

Sobre a resposta do goberno de que vai revender as turbinas, o PP  cualifícaa de “farol” e ve no anuncio do goberno local “unha fuxida cara adiante” xa que saben perfectamente que non teñen valor no mercado ao construírse en función do espazo e do caudal e presión que ían recibir”

Ameijide concluía que despois de ter que pagar 2,4 M€ en concepto de indemnización, o único os lucenses teñen é un edificio en ruínas á beira do Miño e unhas turbinas de 700.000€ almacenadas nunha nave do polígono de O Corgo cuxo aluguer suma á factura deste despropósito outros 1.400 € ao mes.

O vicevoceiro popular pon riba da mesa a proposta de “negociar coa Confederación Hidrográfica Miño Sil a recuperación da concesión da explotación do río e producir enerxía co obxecto de abaratar os 11M€ que pagaremos de luz no concello de Lugo en 2022”.

Ameijide explicou que “recuperar o permiso de explotación que perdeu Lara é a peza que falta do puzzle” manifestando que “resulta unha tomadura de pelo que non se impulsen proxectos de enerxía renovable, como é o caso de crear a central hidroeléctrica na Fábrica da luz, e a uns 50 metros se monten unhas caldas con xeradores 140.000 watios de potencia eléctrica para a maquinaria que se vai instalar para quentar a auga da billa das Caldas”.

Responder

six + one =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies