Servizos sociais

O PP critica que Lugo rexeite adherirse ao protocolo estatal de protección das vítimas de Violencia de Xénero

By 8 Marzo, 2017Sin comentarios

A popular lamenta que “Lugo sexa unha das dúas capitais galegas que non suscribiron este protocolo de colaboración entre os corpos de seguridade do Estado e a Policía Local para protexer ás vítimas de Violencia de Xénero”

O Grupo Municipal do Partido Popular criticou que o Concello de Lugo rexeite adherirse ao protocolo de colaboración e coordinación entre as forzas e corpos de seguridade do Estado e a Policía Local para a protección das vítimas de Violencia de Xénero.  A popular explicou que Lugo é, xunto coa Coruña, a única capital galega que rexeita esta ferramenta de apoio e protección ás mulleres. A edil do PP censurou a negativa do equipo de goberno para sumarse a este protocolo reflexionando que “hai que dotar aos profesionais dos diferentes ámbitos de intervención dos coñecementos e dos instrumentos necesarios para posibilitar a detección de situacións de violencia de xénero ou unha maior protección de cara ás súas vítimas”.

A edil popular engadiu que “outra mostra da pouca implicación que teñen os socialistas en materia de igualdade é a perda de parte dunha axuda que concedía a Xunta porque non foi quen de xustificar o investimento”. Tratábase dunha achega do programa de apoio aos centros de información ás mulleres convocadas por resolución do 8 de outubro de 2015. O Concello tivo que devolver 13.216,22 euros de parte dos 45.000 euros que a Xunta de Galicia xa lle transferira.

A concelleira do Grupo Municipal do PP Mari Teijeiro tamén aproveitou esta xornada para reclamar aos socialistas “unha maior implicación” en cuestións que dependen directamente do goberno local para loitar contra a Violencia de Xénero e, nese senso, reclámoulles que poñan a disposición das mulleres do municipio cinco ferramentas ligadas á igualdade “e que na actualidade están bloqueadas”. Mari Teijeiro afirmou que “mentres haxa un só caso de maltrato a unha soa muller, a igualdade continuará a ser unha materia pendente xa que este dereito non se pode desvincular da violencia de xénero”.

Entre elas, aludiu á Mesa de Violencia de Xénero, “que non se reúne dende hai máis de seis anos (a última xuntanza foi en xaneiro de 2011) e que debera convocarse cada tres meses”; ou á posta en marcha dun protocolo de prevención e actuación, así como a un acordo de boas prácticas, “que nunca se chegou a sacar do caixón despois de serlle encargado a unha empresa externa en lugar de encomendarlle a elaboración ao persoal municipal”. “Son instrumentos que contribuirían á coordinación e a un traballo en rede non só para a resposta e atención ás vítimas senón tamén para anticiparse e previr agresións que non deberan ter cabida na nosa sociedade”, destaca.

Por outra banda, Teijeiro afonda en que “este goberno nin sequera é quen de cumprir cos anuncios públicos que realiza”, en referencia ao desenvolvemento do Pacto Cidadán por un Lugo Libre de Violencia de Xénero “do que nada máis se soubo dende que o 23 de outubro a edil González Abelleira dixera que se renovaría anualmente” e ao deseño do IV Plan de Igualdade, “pendente dende 2015, de xeito que o municipio leva dous anos sen unha estratexia definida neste documento”.

Mari Teijeiro manifestou que “por suposto que estamos de acordo con que neste día se aproveite para dar unha maior divulgación e difusión ás accións que tenemprendido o Concello de Lugo pero máis interesante sería que ese apoio fose sostido no tempo”, asegura, ao tempo que lle esixe “maior protección, maior amparo e maior preocupación”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies