Tráfico

O PP critica que Lara Méndez segue sen dar unha solución real ao aparcamento sendo so capaz de retirar as máquinas da ORA en 7 anos

By 1 Xullo, 2022Sin comentarios

Antonio Ameijide lamenta que a rexedora siga sen poñer en marcha os aparcamentos intelixentes, que se instalaron no verán de 2019, e pregunta polos motivos de que este sistema non funcione pese a que se instalaron 200 sensores en outras tantas prazas situadas en Rodríguez Mourelo e García Portela e no aparcadoiro do antigo seminario, nos que o goberno local investiu 267.000 €

Os problemas de aparcamento seguen a ser un dos grandes debes da xestión de Lara Méndez e o seu goberno municipal, un problema enquistado pola propia rexedora, que en sete anos de alcaldesa so foi capaz de retirar as máquinas do sistema ORA.

Unha situación ante a que Antonio Ameijide pide “traballo” á rexedora e pon sobre a mesa unha solución para desatascar esta situación: poñer en marcha un sistema rotatorio e gratuíto do aparcamento controlado cun vehículo lector de matrículas e todo con cargo a fondos europeos, polo que non tería custe algún para as arcas municipais.

A posta en marcha deste sistema de rotación do aparcamento axudaría a desconxestionar áreas saturadas, como o casco histórico ou algúns barrios da cidade, o que provoca un dano irreparable ao pequeno comercio e ao comercio de proximidade.

Un sistema que debe de ir da man doutros, como os aparcadoiros disuasorios, algo no que Lugo debe seguir traballando para adaptar novos espazos para que os lucenses poidan estacionar os seus vehículos sen problema, algo para o que desde o Grupo Municipal Popular xa se propuxo, en varias ocasións, que se leve a cabo un estudo para localizar as bolsas de solo onde se poderían acondicionar estas zonas de estacionamento e, no caso de que as parcelas foran de propietarios privados, pactar unha cesión temporal e que a cambio o concello podería asumir a limpeza e mantemento do solar así como a sinalización e, incluso, estudar exencións ou bonificacións aos propietarios destes solares, por exemplo no IBI.

Antonio Ameijide tamén pon o punto de mira no “eterno atraso” na posta en marcha do aparcamento con sensores inalámbricos instalados no asfalto implantado no verán de 2019 en Rodríguez Mourelo, García Portela e no aparcadoiro do antigo seminario.

O vicevoceiro popular lamentou que Lara Méndez siga nesa espiral de “gastar por gastar de forma rápida e sen planificación”. “Unha das probas máis evidentes son estes sensores que ían a funcionar de forma intelixente pero que non se poñen en marcha”, afirmou.

Recorda Antonio Ameijide que estas obras se realizaron con cargo a fondos europeos e tiveron un custe de 267.000€.

Responder

nine − four =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies