Obras

O PP critica que a alcaldesa insista na adxudicación do guindastre

By 9 Marzo, 2017Sin comentarios

 O vicevoceiro do Grupo Municipal do PP, Antonio Ameijide, afirma que “a devolución da garantía á empresa Cechalva decretada esta mañá” é “outro paso máis da alcaldesa de cara a readxudicar a unha empresa privada o guindastre”

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, revela que o goberno local decretou esta mañá a devolución da garantía definitiva á empresa Cechalva correspondente ao servizo de retirada e traslado de vehículos da vía pública e ao seu traslado posterior ao depósito.

Nesa liña, Ameijide detalla que o Concello non devolveu o importe de 117.537,38 euros ata hoxe, “ano e medio despois de que caducara o devandito contrato”. Para os populares, “este é o primeiro paso na firme decisión da alcaldesa de volver adxudicar este servizo a outra empresa privada”, en contra dos reiterados acordos plenarios que a instan á súa municipalización.

Deste xeito, o vicevoceiro popular apunta que “semella que a Méndez non lle parece suficiente terlle concedido unha prórroga alegal, unha vez que caducaron todas as que estaban previstas no contrato de 2005, que agora quere continuala blindando á fronte da concesión”. A este respecto, Ameijide explica que o Concello de Lugo tivo que pagar 358.677,83 euros no período comprendido entre decembro de 2015 e agosto de 2016, “contía á que haberá que engadir todas as facturas que cheguen dende o mes de setembro do ano pasado” ata un total de preto de 600.000 euros.

Así mesmo, o popular puntualiza que “o prego de condicións, cuxa elaboración nos consta está en proceso, aínda non chegou ao departamento de Contratación”, polo que “moi facilmente esta situación totalmente alegal vaise alongar ata despois do verán”, chegando “con alta probabilidade” a cumprir dous anos sen contrato. “E todo iso nun dos servizos de cuxa legalidade na adxudicación existen moitas sospeitas”, lembra.

Municipalización do servizo.-

Por outra banda, o vicevoceiro popular reitera a súa queixa pola “obsesión compulsiva” da alcaldesa por desentenderse dos acordos plenarios que a instan á municipalización do servizo, “reflectida tamén na polémica Relación de Postos de Traballo, na que non contempla persoal para que o Concello asuma con medios propios esta tarefa, igual que o control do estacionamento mediante un sistema gratuíto, rotatorio e impulsado dende a administración municipal”.

“O máis sangrante do caso concreto do guindastre é que a propia Méndez ten enriba da mesa varios informes de funcionarios municipais que lle prohibiron ir á prórroga que pretendía, polo que decidiu realizala de feito tácito nunha das primeiras medidas que adoptou en 2015”, subliña Ameijide, ao tempo que destaca que o Concello de Lugo dispón de recursos como os guindastres e os vehículos (que agora xa son de titularidade municipal logo da liquidación do contrato” e de superficies de almacenamento para os vehículos retirados.

Por último, o popular pregúntase “cales son os intereses de Méndez para non desvincularse dun contrato cunha empresa da que concelleiros socialistas recoñeceron subornos a cambio da adxudicación dende contrato de 2005”. 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies