O PP critica a “falta de planificación” do goberno municipal co San Froilán

By 6 Outubro, 2015Xaneiro 12th, 2016Cultura

A concelleira popular Encarna Amigo explica que “os concertos que se suspenderon onte por mor do mal tempo puideron ser trasladados a calquera espazo cuberto dos moitos cos que conta o Concello de Lugo”

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular Encarna Amigo critica “a falta de planificación” do goberno municipal coas festas patronais de San Froilán.

Logo do aprazamento de varios espectáculos de onte, Encarna Amigo subliña que “cremos que os concertos que se suspenderon onte por mor do mal tempo se podían trer trasladado a calquera escenario cuberto dos moitos cos que conta o Concello de Lugo”, como o pavillón municipal ou o auditorio, entre outros.

“Tendo en conta que o Concello era coñecedor con anterioridade da declaración de alerta por temporal, pensamos que se podía ter previsto perfectamente esta situación e ter evitado estas anulacións de concertos e espectáculos”, detalla Encarna Amigo, ao tempo que sinala que “en toda festa desta envergadura, como é o San Froilán, sempre debería existir un plan B”. “Era algo tan sinxelo como ter usado os autobuses urbanos, que incluso deberían ser gratuítos diante deste imprevisto, dende o escenario inicialmente planificado ata o novo espazo de actuación cuberto”, subliña.

“En calquera caso, o que demostra o acontecido onte, que ademais era o día grande do patrón, é a absoluta falta de organización do goberno de Lugo, e que ao mesmo tempo pon de manifesto o seu desinterese respecto das festas patronais, que son de todos”, censura a edil popular responsable de Cultura e Turismo.

Nesa liña, Amigo afirma que “ante esta situación, o que pedimos é que non se volva a repetir ao longo dos vindeiros días e que por parte do goberno municipal se tomen todas as decisións oportunas para evitalo e ter preparado alternativas para elo.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies