O PP bota de menos no plan de decoración de Nadal o belén artesanal da Casa do Concello e arcadas en prazas e rúas de determinados barrios

By 1 Decembro, 2021Cultura, Economía

Dende o PP explican que mentres noutros municipios a iluminación de Nadal se presenta como “un investimento rendible pola repercusión que ten no comercio e no turismo como é o caso de Vigo, en Lugo case non se innova, nin se aposta por incorporar espectáculos interactivos ou instalacións infantís como carruseis en prazas emblemáticas”

O PP lamenta que o alumeado de Nadal que onte comezou a montarse non chegue a todos os barrios de Lugo. Os populares explican que o compromiso do goberno local de levalas luminarias ao maior número de rúas e prazas non se cumpre así, tras consultar o prego de condicións, comprobaron  que quedaron fóra deste plan de decoración de Nadal barrios como en Augas Férreas, Praza de agro do Rolo e Viana do Castelo, Recatelo ou barrio de A Ponte (cara o Fluvial e tramo dende A Ponte e deica o cemiterio).

Para os populares é unha mágoa que “nun momento no que o comercio de proximidade necesita do maior apoio a administración máis próxima non estea á altura esquecéndose de diferentes zonas da cidade onde hai negocios, hostalería e comercio de proximidade”.

Os populares explican que “ainda que o sector comercial, é o máis beneficiado polo alumeado, xa que impulsa as compras coa conseguinte recuperación económica que conleva, tamén esta decoración pode supoñer un reclamo turístico tal e como sucede coa cidade de Vigo”.

“A comparativa coa cidade olívica é brutal” reflexionan os populares e lamenta que “todo apunta a que un ano máis Lugo cumprirá o trámite pero non veremos nin innovacións, nin espectáculos interactivos, nin contratación de instalacións infantís en prazas emblemáticas”.

Por outra parte dende o PP reclaman ao goberno de Lara Méndez recuperar o tradicional belén artesanal que se montaba á entrada do Concello “agardamos que non haxa vetos por parte dos socios nacionalistas”.  Para os populares “agora máis que nunca, é o momento de reivindicar as tradicións de Nadal que son unha parte da nosa cultura e ao igual que nas nosas casas poñemos a árbore e o belén, na casa de todos que é o Concello deberían velar para que se manteña esta tradición”.

Leave a Reply

one × two =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies