Cultura

O PP asegura que “era visto” que se disparase o presuposto do arranxo do novo auditorio tras dous anos pechado, sen ventilar e sen mantemento

By 30 Maio, 2022Sin comentarios

O PP pide á alcaldesa que faga público o informe que certifica “que o abandono do novo auditorio aumentou 500.000€ nun ano o orzamento para a súa posta en marcha xa que nun primeiro informe cuantificábanse as reparacións en 300.000€ e agora Lara Méndez apunta que precisará 800.000€”

O PP quere que a alcaldesa de Lugo faga público o informe no que se cuantifican en 800.000€ os arranxos que di son necesarios para poñer en marcha o novo auditorio de Magoi. Os populares pediron hoxe por escrito esta nova documentación á que se referiu esta fin de semana Lara Méndez e na que “se incrementa en medio millón de euros as reparacións que podería necesitar o edificio”.

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide asegura que “os lucenses non entenden como despois de que pasasen dous anos e despois de que o goberno local recibise as chaves do auditorio de Magoi sen poñer nin unha coma, nin un pero na acta de recepción, veña agora desculpándose de que só o abrirán cando poidan dar as máximas garantías de seguridade e escudándose en que están corroborando e comprobando o edificio”.

Os populares reclaman este novo informe técnico ao que fai referencia a alcaldesa logo de coñecer que Lara Méndez pasou de falar que precisaba hai un ano un investimento de 300.000€ aos 800.000€ desta fin de semana. “Só hai dúas opcións: ou a alcaldesa tenta manipular á opinión pública para ocultar a súa falta absoluta de xestión ou tal e como o PP augurou se encarece a posta en marcha do edificio motivada polo peche do inmoble xa que ao estar pechado cada vez se deteriora máis o por falta de ventilación e falta de uso do equipamento”.

Responder

1 × 4 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies