Urbanismo

O PP aprecia “desinterese e parálise” en Méndez en buscar solucións ao Garañón

By 12 Xaneiro, 2017Sin comentarios

 Castiñeira destaca que “o primeiro acordo que adoptou o pleno con esta alcaldesa foi, a iniciativa do PP, a creación dunha comisión específica para evitar que teñamos que asumir unha indemnización millonaria polo Garañón”, órgano “que nunca se convocou na permanente fuxida cara adiante do PSOE”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Jaime Castiñeira, afirmou esta mañá en rolda de prensa que aprecia “desinterese e parálise” na alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, en “buscar solucións ao Garañón”.

Nesa liña, o popular destacou que “no primeiro pleno deste mandato aprobouse, por iniciativa do PP, a creación dunha comisión específica para avaliar a situación desta urbanización e sobre todo evitar que os lugueses teñamos que asumir unha indemnización millonaria, sen que dende entón a alcaldesa dera ningún paso por convocala”. “É certo que o PSOE votou en contra desta proposta nosa e que o resto de grupos da oposición se abstiveron, algún incluso como Lugonovo tachándoa de oportunista, pero a súa obriga democrática era ter celebrado as reunións”, subliñou Castiñeira.

A este respecto, o voceiro popular incidiu en que “unha das principais razóns para crear este órgano atópase en que “o goberno municipal non está lexitimado para defender os intereses dos lugueses neste tema, tendo en conta que unha concelleira actual avalou co seu voto este proxecto e que outro ten unha relación familiar directa con quen tamén o fixo, polo que existe un conflito de intereses evidente”. “É máis, como dixemos no seu día, a esta comisión deberían acudir a asesores e expertos externos para que, sen que se producira ningún conflito de intereses, nos indicasen o camiño a seguir”, afondou.

Ante esta situación, Castiñeira apuntou que “o certo é que, coa permanente fuxida cara adiante desta alcaldesa e de todo o seu equipo de goberno, os lucenses levamos perdidos outros dous anos en buscar unha solución para un problema que ten enriba da mesa dende a súa chegada”. “Non estamos en condicións de perder un día máis”, aseverou o popular, quen subliñou que “se durante o debate plenario en 2015 xa diciamos que podería ser tarde, imaxínense agora que temos outra dobre sentenza en contra dos intereses municipales”. Aínda así, Castiñeira avogou por “buscar solucións en lugar de continuar esperando mirando para o aire como estivo a facer a alcaldesa en todo o tempo que leva á fronte do Concello”.

Por último, o voceiro popular reiterou que “igual que fomos os primeiros en advertir en agosto de 2005 das consecuencias lesivas que tería para os lugueses este convenio, tamén levamos anos dicindo que a única maneira que temos de librarnos dunha indemnización millonaria sería unha condena xudicial contra quen aprobaron e xestionaron o convenio e, a consecuencia diso, que se anule este acordo”. 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies