Economía

O PP afirma que votar a favor dos orzamentos “é avalar a Orozco e Liñares”

By 13 Maio, 2016Sin comentarios

 O voceiro popular Jaime Castiñeira asegura que “os grupos políticos que se absteñan ou apoien o mércores que vén os orzamentos municipais estarán a blindar as políticas de persoal de Orozco e Liñares que todos coñecemos”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello, Jaime Castiñeira, afirma que “votar a favor dos orzamentos municipais para 2016 significa, ademais de avalar a Orozco e a Fernández Liñares, converterse en cómplices das nefastas e inxustas prácticas que amosaron na administración local”.

Nese senso, Castiñeira asegura que “aqueles grupos que o mércores que vén validen, ben co seu voto a favor ou ben coa súa abstención, esta proposta do goberno municipal estarán a validar e amparar as políticas de Persoal de López Orozco e Fernández Liñares que todos coñecemos á perfección”.

Deste xeito, o voceiro popular advirte de que “Lugonovo, BNG, Ciudadanos e ACE terán a semana próxima unha oportunidade perfecta para demostrar se ratifican ou non a oficina de colocación na que o PSOE converteu o Concello de Lugo dende a súa entrada no goberno hai xa 17 anos”.

Ante esta situación, Castiñeira anuncia que “dende logo, o goberno municipal non vai contar co noso respaldo porque o único que pretenden os socialistas é consolidar as prácticas que tanto dano lle fixeron a Lugo, aos lugueses e á imaxe da institución”.

Por último, o voceiro popular critica que “cando a alcaldesa xa está a piques de cumprir un ano á fronte do Concello, Lugo segue sequera sen un plan de investimentos”, o que revela que “non ten vontade ningunha de consenso nin de desbloquear asuntos prioritarios para a administración, comezando polos orzamentos, seguindo polo PXOM e rematando pola situación da ORA ou o transporte urbano, por citar só algunha das súas eivas durante os seus primeiros 11 meses”.

Responder

three × 5 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies