Economía

O PP afirma que coa prórroga a Cechalva do guindastre o novo goberno faise “cómplice” dos contratos de Orozco e Liñares

By 23 Novembro, 2015Decembro 11th, 2015Sin comentarios

Jaime Castiñeira considera “escandaloso que os socialistas de Lugo en vez de asumir provisionalmente o servizo do guindastre con medios propios, tal e como se acordou no pleno do pasado día 29 de setembro, o entreguen a unha empresa investigada na Pokemon”

O voceiro do Grupo Popular desvela que “se están a cumprir os peores pronósticos que  confirman que  o novo goberno local súmase ao mesmo tipo de xestión que practicaba Orozco e Liñares”. Jaime Castiñeira realizou estas declaracións logo da xunta de voceiros celebrada esta mañá e na cal “a alcaldesa avanzou que se  prorrogará o contrato do guindastre á empresa que tivo a concesión nos últimos anos e que está investigada na operación Pokemon”.

Castiñeira afirma que “é escandaloso que sabendo dende o día que se asina o contrato a data da súa finalización; sabendo que a prestación do servizo está supoñendo un déficit de entorno a medio millón de euros anuais e, tendo coñecemento desta situación, polo menos  a través das reiteradas iniciativas que presentou o Partido Popular (a última o pasado 29 de setembro) resulta unha tomadura de pelo que hoxe a alcaldesa diga non hai outra saída”.

Os populares opóñense á esta prórroga e acusan ao novo goberno local de actuar con premeditación “deixaron pasar o tempo sen adoptar ningún tipo de decisión e agora, a uns días do remate do contrato, din que non hai outra saída para prestar o servizo do guindastre”.

No Partido Popular tiñamos claro que “era viable, mentres non se readxudicaba o servizo, a súa municipalización xa que as grúas xa son propiedade do concello e hai persoal propio que podería realizar a xestión directa”.  “Sabían cando acababa o contrato e pudieron anticiparse” indicou o voceiro dos populares engadindo que, pola contra, os socialistas “preferiron deixar pasar o tempo e, agora no último minuto, anuncian a prórroga e coa mesma empresa”. “No me sorprende esta reacción” matizou Castiñeira interpretando que a prórroga a Cechalva podería responder a que “ou ben non saben por onde andan, ou ben van a tiro fixo”.

O popular tamén lamentou a manipulación por parte do novo goberno xa que “si pode prorrogar unilateralmente o servizo do guindastre demostra ás claras que o futuro dos traballadores da ORA non dependen do Partido Popular”.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies