Cultura

O Partido Popular acusa a Méndez de alarmista e de faltar á verdade cando fala de que o Auditorio novo de Magoi ten numerosas deficiencias e que se necesita máis dun millón de euros para a súa reparación

By 7 Xuño, 2022Sin comentarios

O Grupo Popular desvelou que hai uns días, á vista de que cada día que pasaba Lara Méndez aumentaba a contía das reparacións no inmoble solicitou acceso ao informe no que se baseaba. “Onte mesmo acababa o prazo para que o entregasen e non recibimos nada, algo terá que ocultar” razoan os populares.

Este anuncio de Lara Méndez coincide coa data na que se van a cumprir dous anos desde que o concello de Lugo recibiu o edificio despois de que técnicos municipais fixesen un recoñecemento e desen o seu visto e prace. “Se non estaba para recibir preguntámoslle á alcaldesa como foi tan irresponsable de incorporar ao patrimonio municipal un edificio que segundo di non reúne as garantías de seguridade necesarias. A xestión do auditorio de Lugo é un despropósito de principio a fin.

Responder

7 + 17 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies