Urbanismo

Ameijide: “Se o PXOM sae adiante será única e exclusivamente grazas aos votos do PP”

By 7 Xuño, 2022Sin comentarios

Para os populares a  tramitación do Plan Xeral de Lugo pasará á historia como o exemplo máis gráfico da ineficiencia do PSOE manifestando que “non convence a ninguén a actitude triunfalista, con cero autocrítica de Lara Méndez polas décadas de parálise neste procedemento”

O Partido Popular acusa á alcaldesa de “falta de respeto institucional xa que nos enteramos polos medios de comunicación de que tiñan corrixidas as deficiencias detectadas no 5% do PXOM e que lle foron comunicadas pola Xunta no ano 2011 e que, posteriormente, a administración autonómica reclamou en 2013, 2016 e 2020”.

“É unha indecencia que a alcaldesa presuma de estar na recta final deste proceso cando hai dous anos, co anterior concelleiro de urbanismo Miguel Couto prometían ter listo o documento en 2020. Este anuncio o único que certifica é a incapacidade que tiveron os sucesivos gobernos socialistas de aprobar nun tempo prudente o documento urbanístico máis importante que ten Lugo”.

Dende o Partido Popular botan en falta no discurso da rexedora “unha desculpa ou unha autocrítica polo atraso inxustificable deste traballo”. Lara Méndez “fala alegremente de que imos ter o 100% do PXOM aprobado hai máis de dúas décadas despois de iniciar a tramitación e non se acorda dos que quedaron no camiño, daqueles veciños que non puideron facer a súa casiña nunha finca que estaba afectada polo 5% pendente, ou dos mozos dalgunhas parroquias afectadas que non puideron ampliar ou construír unha explotación e tiveron que marchar a outras parroquias ou, incluso, a outros municipios”.

Os populares tamén acusaron a Lara Méndez de falta de humildade e de cintura política recriminándolle que “non saque tempo para facer unha chamada ao principal grupo da oposición” polo que hoxe rexistraron unha petición para que a alcaldesa nos reciba “para coñecer o contido do documento que mañá se vai a aprobar na xunta de goberno”.

Os populares razoan que “cando se quere buscar un consenso o mínimo é explicar en que punto estamos e dar conta dos cambios que se introduciron”. Lembran que “os votos do PP son  imprescindibles para que salga aprobado en pleno este último documento de correccións que se vai enviar á Xunta, xa que o socio de goberno non apoia o PXOM”

Os populares lamentan “a incapacidade” da alcaldesa de Lugo que evitou liderar esta cuestión para dedicarse a proxectos de autopromoción persoal como o edificio Impulso Verde e defenderon o papel que xogou durante os últimos anos o Grupo Popular lembrando a súa “insistencia e presión para que este asunto se resolvese coa máxima dilixencia posible”.

Responder

5 × 2 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies