Zona rural

O PP pide o asfaltado da pista que vai da Tolda de Meilán á igrexa desta parroquia

By 1 Setembro, 2016Sin comentarios

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular Manuel López explica que “cunha sinxela intervención de alquitranado duns 150 metros beneficiaríanse preto de medio cento de veciños de Meilán”

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular Manuel López pide ao goberno municipal que proceda ao asfaltado da pista de Camiño das granxas que enlaza a Tolda de Meilán coa igrexa desta parroquia.

Tal como explica o responsable de Zona Rural do GMPP, “o idóneo sería que se intervise nuns 300 metros, pero o imprescindible é que se faga nos 150 metros que constitúen a entrada e saída tanto dunha urbanización como de catro vivendas que se atopan nas inmediacións desta”. “Neste momento parte do medio cento de veciños que residen neste pequeno treito de 150 metros vense obrigados a acceder ás súas casas por camiños de terra, coas dificultades e os danos que iso lles provoca aos seus vehículos”, manifesta Manuel López.

O edil popular lamenta que o goberno local non rentabilice os recursos dos que dispón, nin  planifique con sentido común as obras que realiza. Esta reflexión do popular responde a que “recentemente se asfaltou un tramo de terra desta mesma pista esquencéndose do treito que levan reclamando os veciños dende hai anos”.

Por outra banda, o edil popular tamén insta aos socialistas a proceder á reposición dos espellos que se atopan deteriorados, “comezando polo cambio de cristais destes sinais nunha pista que se atopa a apenas 300 metros da anterior e que transcorre en paralelo á N-VI, na marxe dereita en sentido Lugo, onde se atopan francamente deteriorados”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies