Medio AmbienteZona rural

O Gmpp reclama vixilancia e mantemento para os puntos de silos clausurados para evitar a proliferación de vertedeiros incontrolados

By 25 Xullo, 2017Sin comentarios

O concelleiro popular Manuel López afirma que “pola falla de control do goberno local dos puntos de silos clausurados nas parroquias” se están creando vertedeiros incontrolados “xa que ao non retirar os residuos se produce un efecto chamada”

O Grupo municipal do Partido Popular critica que o goberno local continúe sen solucionar os vertedoiros incontrolados que hai nas parroquias que rodean a cidade e que, lamentablemente, sigan a ser unha realidade no rural. O edil popular Manuel López pon no punto de mira os puntos de recollida de silos que o PSOE pechou en lugares como Remesal e Barcia para implantar o modelo de recollida “porta a porta”. Para o concelleiro popular esta non é a solución xa que “dende o goberno quixeron ir ao máis sinxelo e pensaron que pechando estes recintos zanxaban o problema cando, o que deberían facer é reforzar o coidado, mantemento, vixilancia e recuperación dos terreos onde, nos últimos anos se apilaron plásticos agrícolas. Non chega con poñer unhas cadeas, hai que recuperar o terreo para evitar que sigan botando plásticos e outros materiais contaminantes”.

Entre as consecuencias de non reazlia unha vixilancia e control periódico destes depósitos é que hoxe están, de novo cheos de neumáticos, restos de obras, mobiliario e incluso no do Burgo “de forma incívica” romperon a cadea do peche e retiraron as pedras que bloqueaban o paso para verter todo tipo de desperdicios.

Para Manuel López o goberno local non ten unha verdadeira vontade política de mellorar este tema xa que o feito de que non se retiren os residuos dun depósito irregular coma estos, xa clausurados, produce o efecto chamada.

Ademais do problema medioambiental aos populares lles preocupa que o risco de incendio que supón a proximidad destes vertedoiros a árboredas” lembrando como  durante o pasado verán, por posibles incendios se produciron lumes en todos estes puntos, polo que urxen aos socialistas a dar unha “solución definitiva a un problema que se arrastra ano tras ano”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies