InfraestruturasObras

Ángel Trabada regresa ao Gmpp con “ilusión renovada y gañas de traballar por e para a cidade”

By 27 Xullo, 2017Sin comentarios

O novo concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Ángel Trabada, tomou posesión da súa acta no pleno celebrado esta mañá no Concello de Lugo.

Ángel Trababa regresou hoxe ao Grupo Municipal do Partido Popular e ao pleno do Concello de Lugo despois de tomar posesión na sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de Xullo celebrada esta mañá. Despois de tomar, Ángel Trabada expresou a súa “ledicia por regresar ao Grupo Municipal e con moitas gañas de traballar por e para a cidade”.

Entre os principais obxectivos de Ángel Trabada atópase “sacar adiante todas as obras que na anterior lexislatura aprobáronse e que, dous anos despois, seguen paralizadas e son moi necesarias para a cidade. Non podemos permitir que o goberno local siga así, na absoluta parálise”.

Áreas de traballo

Ángel Trabada encargarase das áreas de obras e infraestruturas, conservación e mantemento urbano, Camiño de Santiago, turismo e promoción.
Destacar a creación da área referente ao Camiño de Santiago, especialidade do novo concelleiro popular. De feito, Ángel Trabada é o presidente da asociación de Amigos do Camiño de Santiago.

Lembrar que Ángel Trabada xa foi concelleiro durante 4 anos, na lexislatura comprendida entre os anos 2011 e 2015. É militante do Partido Popular desde a década dos 80 e, ademais, foi presidente provincial das Novas Xeracións do Partido Popular, e ostentou diferentes cargos nas Xunta local e provincial do partido.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies