EconomíaProposiciones

El GMPP consigue el apoyo mayoritario del pleno para agilizar los plazos de resolución de licencias urbanísticas

By 31 mayo, 2018No Comments

El Grupo Municipal del Partido Popular consiguió la aprobación de una propuesta para agilizar la resolución de las licencias urbanísticas en el Concello de Lugo, debido al atasco que hay en este aspecto. El Grupo Popular consiguió el voto favorable de todos los grupos que forman la corporación municipal, excepto Ace-EU, que optó por la abstención.

O Grupo Municipal Popular constatou que existen importantes atrasos no estudo e  resolución de licenzas urbanísticas, que está a provocar a paralización de importantes investimentos na cidade, afectando directamente á creación de emprego, así como á actividade económica en xeral.

Os prazos para a resolución dos expedientes chegan en moitos casos aos dous anos, dificultando excesivamente o traballo de moitas pequenas empresas de reformas e autónomos, xa que lles impide iniciar novos traballos. Lamentablemente as empresas que pretenden investir na nosa cidade nas súas análises á hora de valorar a rendibilidade das mesmas, están a incluír un factor de “risco” derivado precisamente polo atraso na concesión de licenzas. Por tanto vemos que está afectando no soamente ao sector da construción de xeito directo, senón que tamén está sendo un lastre para a creación de novos negocios e emprego.

A actividade da construción e a creación de novos negocios na nosa cidade se está reactivando e é inadmisible que por unha mala xestión dos recursos,  se poida poñer en risco investimentos e creación de empregos no noso municipio, sendo preciso adoptar medidas de forma inmediata que solucionen este problema, a través dun sistema de reorganización do traballo que permita cumprir cos prazos legalmente establecidos para a concesión de licenzas. Incluso de forma temporal deberíase estudar a posibilidade de establecer mecanismos de colaboración cos técnicos municipais, empregando como reforzo para o estudo e tramitación destes expedientes a  EVISLUSA, ou mesmo asistencias técnicas contratadas ao efecto para desbloquear esta situación, e volver a resolución de licenzas a uns prazos razoables e de acordo coa Lei.

Por todo elo, o Grupo Municipal Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE, instar ao Goberno Municipal a:

  1. Proceder ao reorganización e reforzo, de xeito inmediato dos servizos implicados na tramitación de licencias urbanísticas.
  2. Establecer de forma temporal sistemas de colaboración cos técnicos municipais, para o estudo dos tramites de concesión das licenzas urbanísticas, a través de EVISLUSA, ou no seu caso, a contratación de asistencias técnicas, ata acadar uns prazos de resolución de licenzas acordes coa lei.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies