Zona Rural

El PP afima que por no atajar a tiempo los vertidos del Carqueixo pagaremos otra descontaminación de la parcela municipal afectada

By 30 mayo, 2018No Comments

El concejal popular  Manuel López lamenta “la irresponsabilidad del gobierno socialista que, desde que se limpió hace cinco meses la zona afectada con una aportación de la Xunta  de 150.000 €, no fue quien ni de reforzar la vigilancia, ni de cerrar el acceso a esta finca tal e como reclamó el Grupo Popular en marzo”

O Partido Popular alerta da gravidade que supón que o goberno local do PSOE peche os ollos diante do repunte do vertedoiro do Carqueixo “estamos falando dunha parcela municipal onde, a medida que pasa o tempo, observamos que aumenta a cantidade de residuos que alí se acumulan”.

O concelleiro popular Manuel López lamenta “a irresponsabilidade do goberno local, que recibiu hai cinco meses esta finca e o seu entorno perfectamente descontaminado tras un investimento da Xunta de 144.472,27 €, e que por non reforzar a vixilancia e non pechar o acceso está agora cuberta de residuos de todo tipo, moitos deles altamente contaminantes”. López lembrou que os traballos de limpeza da zona afectada fixéronse entre o 8 de novembro e o 19 de decembro de 2017 e que da zona sacáronse centos de toneladas de residuos.

Para os populares a situación na que está esta parcela municipal “ten un efecto demoledor sobre a paisaxe”. Manuel López aludiu aos efectos contaminantes do chan, da auga pola escorrentía e da atmósfera pola queima continua de neumáticos, aceites ou cables” engadindo que “este abandono non só perxudica a fauna e flora tamén supón unha competencia desleal a aquelas empresas legais de reciclaxe e residuos”.

O concelleiro popular explicou que ademais de restos de construción, neumáticos … na zona hai restos de lumes intencionados, que cehgaron a afectar ás árbores que están no perímetro, alertando dos perigos de risco de incendio no caso de que se estenda ás zonas limítrofes.

López reflexionaba que “permanecer de brazos cruzados podería ter consecuencias importantes para o Concello” matizando que “corremos o risco de recibir unha sanción por incurrir nun delicto medio ambiental xa que estamos falando de danos sustanciais á calidade do aire, o chan ou as augas”.

O PP xa advertiu deste despropósito o pasado mes de marzo “pasaron dous meses, observamos que os socialistas continúan anclados nunha incomprensible actitude de inmovilismo”. “Todo apunta a que a súa inoperancia nos obrigue a pagar unha nova descontaminación destes terreos” resumiu o popular.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies