Cultura

El PP sorprendido por la negativa de PSOE y BNG a recuperar el anfiteatro del campus

By 28 enero, 2021No Comments

Los concejales del Grupo Municipal del Partido Popular critican la postura tomada por PSOE y BNG de aplicar la democracia del rodillo y enterrar cualquier iniciativa plenaria que lleva las siglas de la oposición. En esta ocasión, al votar en contra de recuperar el anfiteatro del campus para actos culturales seguros.

Nestes intres nos que a COVID obriga a manter unha distancia social é certo que se limitan moito as posibilidades de levar a cabo actividades culturais, artísticas e mesmo algunhas deportivas, dado que os espazos existentes, a meirande parte deles interiores,  non están preparados para unha situación como a que estamos a vivir.

Mais os lucenses temos un espazo magnífico para poder disfrutar da cultura ao aire libre que é o chamado“anfiteatro” do Campus universitario. Este anfiteatro, enclavado nun magnífico entorno verde e con vistas cara ao río, dispón dun escenario de 800 m2 e de 2.500 prazas nas gradas, espazo de sobra para asistir a calquera representación cultural, aínda que haxa que axustalo para manter as distancias interpersoais.

Conta cunha situación privilexiada na cidade, que permite baixar tanto a pé, como en bicicleta, vehículo particular ou bus. Ademáis sitúase nunha  zona cunha importante oferta de negociosde todo tipo, polo que a posibilide de realizar neste anfiteatro actividades municipais suporía tamén un pulo para toda a hostalería da zona.

Pero dende que se inaugurou no ano 2000, este anfiteatro está en continua degradación polo que a día de hoxe presenta un aspecto ruinoso: lousas arrincadas, escaleiras estragadas, cristais polo chan, etc. En 20 anos, nin a Diputación Provincial, como propietaria, nin ningunha outra administracion desta cidade foron quen de poñelo a funcionar.

O momento para o seu arranxo é agora, con tempo cara o verán, e propoñemos que sexa o Concello o que faga as xestións oportunas coas administraciones necesarias, aproveitando que a Concelleira responsable da Área de Cultura é asemade a Vicepresidenta da Diputación co que lle será fácil acordar o seu arranxo: subliñamos que o goberno deste Concello ten a responsabilidade directa ou indirecta de que as instalacións públicas existentes no municipio estean en perfecto estado, para que poidan ser empregados por todos os lucenses de forma segura e con tranquilidade.

Do mesmo xeito, o Concello debería ser quen de pensar en aproveitar este espacio, polo que propoñemos que faga unha Programación estable con eventos culturais e do mesmo xeito, que permita a grupos e asociacións culturais, sociais e deportivas da nosa cidade, expoñer neste enclave a súa actividade.

Por todo isto o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, propón unir os esforzos de todos e considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

  1. Que o Concello faga as xestións necesarias coa Deputación Provincial de Lugo e calquera outro organismo implicado, para impulsar a recuperación do Anfiteatro do Campus Universitario de Lugo, de xeito que estea operativo para a primaveira/verán do 2021.
  2. Que o Concello elabore unha Programación cultural que lle dea un uso  estable a este Anfiteatro que implique un pulo á zona da cidade na que se está situado.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies