Tráfico

El PP ve “una cortina de humo de manual” el anuncio de hacer zona 30 la Ronda de la Muralla

By 15 diciembre, 2016No Comments

El portavoz del Grupo Municipal del PP subraya que “la alcaldesa se ha visto tan acorralada con la situación del parking de la calle del Teatro en la que no ha trabajado nada en los dos años que lleva al frente del Ayuntamiento que tuvo que improvisar esta medida”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Jaime Castiñeira, afirmou que o anuncio da alcaldesa de converter a Ronda da Muralla en zona 30 e dotala dun carril bici compartido cos vehículos “é unha cortina de fume de manual”. “En lugar de falar de como resolver os problemas que hai en relación ao aparcamento Ánxel Fole, que é o que verdadeiramente lles preocupa aos veciños e comerciantes lugueses, a alcaldesa optou de novo por desviar a atención”, advertiu o popular, quen subliñou que “isto non é novo, porque dende que asumiu o cargo en xuño de 2015 leva mirando cara a outro lado en relación ao aparcamento, cuxa situación se sabe dende 2009”.

“Parece que copia á alcaldesa de Madrid coa improvisación e aquí non anuncia que pecha a Gran Vía porque non a ten”, ironizou o popular, ao tempo que subliñou que “dá a impresión de que o seu obxectivo é que se xere un conflito neste entorno para logo xustificarse e dicir que non se pode abordar a peonalización dalgún treito, tal como acordou o pleno”. “Sinceramente, que se faga zona 30 pode ser unha medida a estudar pero as accións deste calibre hai que adoptalas de xeito global e non a parches, e sempre da man dun plan de mobilidade integral”, advertiu.

Parking Ánxel Fole.-

Nese senso, o voceiro popular criticou que  “o peche do párking do Ánxel Fole e a situación que se vai xerar, en plena campaña de Nadal, é outra consecuencia máis dos 18 anos de parálise urbanística que levamos sufrindo todos os lugueses”, un período no que a alcaldesa “ten tamén a súa parte de responsabilidade posto que transcorreu case a metade do seu mandato sen interesarse por unha situación se coñecía dende 2009”. Así, Castiñeira asegurou que “isto tampouco é especialmente estraño cun goberno que tarda máis dun ano en conceder licenzas e cuxa falta de xestión está a provocar que empresarios desistan de realizar investimentos na cidade pola actitude obstrucionista do goberno local”. Así mesmo, puntualizou que “coa revisión do PEPRI, que tantas veces ten anunciado o goberno local, ou cunha simple modificación puntual teríase avanzado en buscar solucións a esta situación e outras similares e tamén en mellorar dotacións e servizos para o casco histórico”, ao tempo que advertiu de que “coas licenzas non se negocia porque son actos reglados, búscanse solucións dentro da legalidade”.

Por último, apuntou que “o máximo exponente da parálise urbanística á que os socialistas nos condenan vese en que, varios anos despois de comprometerse a elo, aínda non puxeron a disposición da Xunta nas circunstancias requiridas os terreos para a construción do novo colexio do Sagrado Corazón ou tamén en que o Concello tardou un ano en aprobar o estudo de detalle para que a administración autonómica puidese materializar un investimento de 500.000 euros na mellora das instalacións do CEIP das Mercedes”, obra que a día de hoxe segue sen licenza. “Ata no polígono das Gándaras os emprendedores se están a atopar con problemas para abrir as súas instalacións”, concluíu. 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies