Personal

El PP reprocha a los socialistas que la Oferta de Empleo Público ni refuerza, ni resuelve los problemas del Concello

By 14 diciembre, 2016No Comments

El viceportavoz popular Antonio Ameijide criticó “la escasa oferta de vacantes para 2016” ya que “sólo 7 de las 25 prazas que ofrecen los socialistas supondrán una incorporación real de personal a la plantilla municipal ”

O Grupo Municipal do Partido Popular cualificou de “moi escasa” a proposta de Oferta de Emprego Público do Concello de Lugo para 2016. Antonio Ameijide valorou o documento da OEP, que presentan dende o goberno local, manifestando que “coa súa oferta non se van solucionar os graves problemas de funcionamento  que hai no Concello de Lugo” engadindo que “salvo sete vacantes o resto das 25 que se ofrecen están, na actualidade, ou ben cubertas por interinos (4) ou ben son de promoción interna (14)  polo que o reforzo do cadro de persoal é casi nulo”. Por este motivo, o vicevoceiro popular considera que a Oferta de Emprego Público do Concello de Lugo “é insuficiente para cubrir as necesidades reais do funcionamento diario dos diferentes departamentos municipais”.

Ameijide tamén foi crítico cos socialistas que “unha vez máis desaproveitan a oportunidade de reorganizar os servizos municipais”. “A parte de que deberían ofrecer unha oferta de emprego público competitiva, deberían traballar de xeito inmediato na reorganización dos preto de 700 empregados públicos que ten o concello”. “Deste xeito se podería descargar de traballo aqueles servizos que están saturados  proporcionándolles medios persoais doutras servizos  con menos de traballo”. Para Ameijide o único que o amosa o goberno local coa súa proposta “é  unha falta de empatía cos cidadáns que reciben un mal servizo porque non hai un control político, nin se toman decisións para conseguir unha administración eficaz, moderna e rápida”, manifestou Ameijide.

 O vicevoceiro popular tamén aludiu á incapacidad dos socialistas á hora de contratar persoal para aqueles 9 servizos que “eles mesmos”  declararon esenciais o pasado mes de outubro. (Actas e Goberno, Intervención, Asesoría Xurídica, Tesourería e Contabilidade, Facenda Local e Inspección Tributaría, Administración Electrónica, Emprego, Escolas Infantís e a xestión dos comedores escolares). “Coma sempre o que ía ser a panacea, que o goberlo socialista vendeu a bombo e platillo, segue sen dar ningún tipo de resultado”,

Ameijide tamén advirte das consecuencias da política de persoal que practica este goberno local lembrando como “a Oferta de Emprego Público de 2015, que se aprobou tamén cun ano de retraso, ainda non a levaron á práctica”. O vicevoceiro matizou que “esta situación de enquistamento da política de persoal demostra que o goberno local non empregou os recursos que teñen ao seu alcance para paliar as necesidades apremiantes de persoal”.

Responder

13 − nueve =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies