El PP urge una actuación en el entorno de la Catedral para acabar con la imagen de abandono que transmite

By 12 octubre, 2021Urbanismo

Los concejales del Grupo Municipal del PP explican que vecinos y comerciantes están cansados del abandono que sufren por parte del gobierno local, que sigue sin atender la sus reivindicaciones, que pasan por una mejora del aseo urbano en la zona y un mayor control del botellón.
Os veciños e comerciantes do entorno da Catedral de Lugo, un dos Patrimonios da Humanidade cos que conta o municipio, non poden máis e piden unha intervención inmediata por parte do Concello de Lugo para por fin ás molestias que sofren cada fin de semana como consecuencia dos actos incívicos que se suceden nesta zona.

Estes veciños de Lugo puxéronse en contacto cos concelleiros do Grupo Municipal do PP, polo que os edís populares achegáronse mantiveron varias xuntanzas cos veciños e comerciantes para comprobar o sentir na zona, tralas que aseguran que “urxen medidas por parte do goberno local para acabar con estas malas prácticas e mellorar a imaxe do entorno”.

Entre os actos incívicos que denuncian veciños e comerciantes están os actos vandálicos (como a rotura de portas, cristais ou intentos de roubo en negocios), ouriñar na vía pública, ou os controvertidos botellóns, que aumentaron en número nesta zona nas últimas semanas, sen que por parte do Concello se realizase unha actuación decidida para poñer fin a esta actividade. “Pode que unha maior presenza policial na zona axude a disuadir aos incívicos de rematar con esta condutas que o único que fan e danar a imaxe da cidade e provocar malestar entre os veciños”, apuntan.

Para os populares é preciso rematar con este tipo de condutas que o único que provocan é xerar malestar entre os veciños e dar unha sensación de abandono na zona, xa que tamén afirman os veciños que “a limpeza é moi mellorable xa que ao día seguinte do botellón non se limpa ata media mañá, sendo, en moitos casos, os propios comerciantes os que teñan que limpar as entradas dos seus negocios”.

Tamén piden os concelleiros populares un arranxo do firme en todo o entorno da catedral, xa que hai moitos puntos nos que as baldosas están rotas, afundidas ou soltas, polo que provocan tropezóns e caídas, sen esquecer “o estado de abandono e tristura que se transmite” nunha zona na que conflúen os tres Patrimonios da Humanidade cos que conta a cidade: a Catedral, a Muralla e o Camiño de Santiago.

Para os veciños e comerciantes tamén é moi importante que o goberno local busque solucións para a falta de alumeado que hai na zona, xa que se trata de rúas con pouca luz. Explican os concelleiros populares que os veciños xa tentaron en varias ocasións que o Concello de Lugo mellorase o alumeado público na zona, pero sempre se atoparon con escusas que impedían esta actuación, sempre aludindo a problemas con Patrimonio. Pese a iso, o goberno local ten os medios suficientes como para atopar alternativas para mellorar o alumeado público e así alumear correctamente estas rúas e mellorar a seguridade.

Tanto veciños como comerciantes critican que dende o goberno local levan anos “esquecendo” este punto da cidade, moi frecuentado por lucenses e por turistas, xa que se trata da zona na que conflúen tres Patrimonios da Humanidade, criticando que “nin sequera lles colocan algún tipo de alumeado ou ornamentación cando chega o Nadal ou nas celebracións patronais da cidade”. Por iso, ao igual que sucede con alumeado público, piden que, dentro das posibilidade existentes, tamén se lles dea visibilidade.

Leave a Reply

diecisiete − uno =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies