Infraestructuras

Ameijide tacha a Lara Méndez de mentirosa por seguir adelante con el carril bici en la Residencia y pide a Rubén Arroxo que lo paralice

By 11 octubre, 2021No Comments

El vicevoceiro del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide aplaude a la alcaldesa por tener la valentía de quitar la careta y demostrar que no tiene palabra, al seguir adelante con su proyecto del carril bici a pesar de que semanas atrás se comprometió con los vecinos de la Residencia a paralizar el proyecto hasta encontrar una alternativa para no suprimir más de 300 plazas de aparcamiento en este barrio

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, aplaude a decisión de Lara Méndez de demostrar publicamente que é unha mentireira e non ten palabra, ao seguir adiante co seu proxecto do carril bici na Residencia, barrio no que elimina máis de 300 prazas de aparcamento, a pesar de que se comprometeu cos veciños a paralizar as obras ata atopar unha alternativa satisfactoria para os veciños.

Antonio Ameijide, acompañado dos concelleiros Beatriz Vázquez e Óscar Poy, visitou este barrio, onde comprobou como se están a desenvolver os traballos do carril bici axustándose ao proxecto presentado inicialmente, suprimindo deste xeito máis de 300 prazas de aparcamento nun barrio no que, a día de hoxe, xa é moi complicado estacionar.

Para o vicevoceiro popular estamos “ante o segundo gran ataque de Lara Méndez e o PSOE” ao barrio da Residencia, xa que o primeiro foi dilatar dende o Concello de Lugo a concesión das licencias para que a Xunta de Galicia puidese comezar os traballos de construcción dun centro de saúde, un PAC, unha residencia para persoas da terceira idade e unha oficina de emprego para dar cobertura a toda a cidade.

Antonio Ameijide insiste na necesidade de “buscar unha alternativa” a este proxecto, xa que a testarudez de Lara Méndez so leva a un camiño: eliminar máis de 300 prazas de aparcamento nun barrio no que son moi necesarias unicamente polo interese da alcaldesa de gastar fondos europeos para poder sacar unha foto máis que Rubén Arroxo.

Unha situación ante a que Antonio Ameijide fai un chamamento a Rubén Arroxo para que interceda en favor dos veciños da Residencia para poder atopar unha solución de consenso e que sexa beneficiosa para todas as partes implicadas: tanto veciños como Concello.

Un problema que non é menor, xa que o dano que se pode producir tanto a veciños como a comerciantes da zona pode ser a puntilla para o barrio, algo que non queren os propios veciños, que decidiron poñerse a traballar para darlle a volta a situación, polo que levan semanas recollendo sinaturas nos negocios do barrio contra este proxecto de carril bici, pedindo un proxecto ambicioso, pero de consenso, tal e como sucedeu en Marques de Ombreiro, onde a presión popular fixo recuar á alcaldesa e deu unha solución aos veciños para evitar a destrución de 100 prazas de estacionamento.

Antonio Ameijide recorda que para o Grupo Popular un carril bici é unha boa idea, sempre e cando se realice con “coherencia e sexa planificado” xa que vemos que está a xerar máis problemas que solucións aos lucenses. “Un carril bici ben plantexado non deixaría fóra ao 80% da cidade e tampouco esquecería o campus, os centros de formación profesional, os centros educativos e o propio centro da cidade, puntos nos que a cidadanía demanda itinerarios seguros en bicicleta”, sinalan.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies