InfraestructurasMedio Ambiente

El PP no entiende que PSOE y BNG se empeñen en que Lugo siga dando la espalda al río, al negarse a unir la ciudad con el Miño

By 29 julio, 2021No Comments

En el Grupo Municipal Popular no se entiende la negativa de PSOE y BNG a apoyar una propuesta como esta, positiva y beneficiosa para la ciudad, basando PSOE y BNG su rechazo únicamente en que la propuesta la realiza el Partido Popular.

Cando o parque Rosalía de Castro cumple 100 anos é o momento de levar a cabo unha actuación que  sexa unha intervención de futuro que de pasos certeiros na conexión da cidade co río Miño.

No obxectivo de promover a actividade turística da nosa cidade e de facer unha cidade “amigable” para os seus veciños, fanse preciso accións ambiciosas que fomenten as zonas verdes e o seu uso e disfrute por parte dos cidadáns.  A aposta por crear un corredor verde asociado a un eixe de mobilidade peonil serviría para interconectar os tres parques e enlazalos co cinto verde de Lugo, xerando a súa vez unha unión real, cómoda, segura, rápida e accesible entre o centro da cidade e o Río Miño

O proxecto se iniciaría na zona da cota máis baixa do Parque de Rosalía de Castro á altura da explanada do Pavillón Municipal de Deportes e uniría, mediante unha pasarela duns 50 metros, este punto co Parque Marcos Cela para, a continuación, proxectar unha segunda pasarela, doutros 50 metros aproximadamente, que partiría do Marcos Cela para chegar ao mirador de Volta da Viña. Este proxecto podería xurdir dun concurso de ideas xa que se trata dun verdadeiro proxecto ecolóxico e medioambiental para a nosa cidade, que ademáis permite a interrelación dos veciños eveciñas da nosa cidade co río de xeito cómodo e seguro.

Si a esto se lle suma a  adquisición dos 40.000 m2 necesarios para completar o anel verde que comunica o Paseo do Rato e o do Miño, teríamos unha infraestrutura ambiciosa e que cun custo máis que razoable que suporía un impulso importante para ampliar as  zonas verdes da nosa cidade ao tratarse dunha proposta de vangarda no ámbito do medio ambiente.

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

  1. Concello de Lugo impulse un proxecto para a conexión, mediante pasarelas, de os parques de Rosalía de Castro, parque Marcos Cela e parque do Miño (Volta da Viña) garantindo a conexión da cidade co río Miño. Asimesmo elaborar os proxectos precisos e acordar a dotación presupuestaria pertinente para a súa execución.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies