Turismo

El PP muestra su sopresa ante la postura de PSOE y BNG de negarse a atraer peregrinos de localidades próximas a Lugo durante lo Xacobeo 21-22

By 29 julio, 2021No Comments

Para los populares es una sorpresa a posición del gobierno local de negarse a realizar una promoción de Lugo y buscar la manera de atraer peregrinos de villas próximas a Lugo durante el Xacobeo del 2021 y 2022.

Nestes tempos son necesarias propostas positivas que incentiven a actividade económica de Lugo. Por iso consideramos que é preciso aproveitar a oportunidade da actual reactivación do turismo, como unha das innegables fontes de ingresos para a nosa cidade.

Aproveitando toda a publicidade sobre o Xacobeo que se está facendo durante todo este 2021 e que continuará durante todo o 2022, non deberiamos de permitir que a xente que vén a Galicia se marche sen pasar por Lugo.

A nosa proposta é sinxela e perfectamente factible:  por unha banda propoñemos que o  Concello de Lugo chegue a acordos con outros Concellos turísticos para que neles se promocione a visita a Lugo e por outra banda, chegue tamén a acordos con empresas de transporte de autobuses concesionarias de liñas que conectan a Lugo con eses outros lugares turísticos, para que dunha forma máis frecuente, e mesmo expresamente mediante liñas  discrecionales, lanzadeiras ou calquera outro sistema directo, sexan capaces de conectar eses lugares turísticos coa cidade de Lugo.

A motivación é a seguinte, exemplos: de todos é coñecido que os peregrinos adoitan chegar pronto aos lugares de descanso para coller cama nos albergues, despois comen na zona e visítana, pero parte da tarde e ata a noite véselles moitas veces deambulando. Se se toman os datos de 2019, indícase que pernoitaron en Sarria 186.999 peregrinos que fixeron o Camiño Francés, se neses sitios houbese carteis publicitarios onde se lles indicase a disposición de transporte fácil ida/volta para visitar Lugo por un módico prezo, esto poderia ser unha oportunidade para a nosa cidade. Poderían visitar Lugo, facer as súas compras e facer gasto na hostalería da cidade. E isto mesmo poderíase decir doutros Concellos próximos como Portomarín ou mesmo Palas de Rei.

Outro exemplo: segundo os datos de turismo Santiago de Compostela é a cidade que nas últimas décadas liderou o número de pernoitas enGalicia. O último ano Santo (2010) 272.412 peregrinos chegaron á cidade a pé, pero calculouse que 9,2 millóns de persoas visitaron Santiago. Estes turistas, que se cadra pasaron varios días alí, se se lles publicitou Lugo e se lles facilitóu a posibilidade dun transporte máis frecuente aquí, sería moi probable que polo menos unha porcentaxese animara a coñecer os tres Patrimonios da Humanidade, que non ten Santiago, e sobre todo a poñeren valor Lugo que é unha cidade descoñecida para moitos destes turistas.

Outro exemplo máis: segundo os datos do turismo do 2019 a provincia de Lugo foi a que máis creceu en turistas. Moitos destes turistas pasan as súas vacacións na mariña lucense. Os días que chove ou fai mal tempo para estar na praia, se se lles incita mediante publicidade a que veñan pasar unha tarde ou un día a Lugo e se lles facilita o transporte con autobuses frecuentes e directos, serían tamén turistas consumidores para a nosa cidade.

En definitiva, do que se trata é de atraer turistas a Lugo porque se esta proposición culminase con éxito traduciríase nun beneficio económico directo para moitos dos negocios de Lugo como a restauración, nalgúns casos mesmo para hoteis, pero tamén para comercios de todo tipo onde realicen as súas compras.

Por todo isto o Grupo Municipal do Partido Popular que subscribe esta proposición, considera de interese que o Pleno da Corporación Municipal apruebe:

  1. O Concello de Lugo acorde con outros Concellos turísticos as condicións necesarias, para que presenten mayor cantidade de publicidade turística de Lugo.
  2. O Concello de Lugo elabore un plan para incentivar e favorecer o desprazamento de turistas dende outros puntos da provincia ou da Comunidade Autónoma hacia Lugo.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies