O GarañónSin categoríaUrbanismo

El PP lamenta la “actitud a la defensiva” con que la alcaldesa presidió la Comisión do Garañón

By 12 abril, 2017abril 18th, 2017No Comments

El portavoz  popular Jaime Castiñeira afirmó que “los socialistas se enrocaron en defender su hoja de ruta, que coincide con la del promotor de las Torres de las Cuestas del parque, y se presentaron a la reunión de ayer sin muchas ganas de escuchar alternativas de los grupos de la oposición.

O voceiro do Grupo Popular Jaime Castiñeira lamentou “a actitude á defensiva” coa que o goberno local se presentou onte á Comisión do Garañón salientando que “tiñan poucas ganas de escoitar, semellaba que só buscaban un marco para dar conta da ruta de folla que teñen previsto seguir ”. Castiñeira afirmou estar descontento da postura adoptada polos socialistas xa que “máis que escoitar propostas a alcaldesa traía o guión aprendido e non se quería sair del, un guión que non era outro que os intereses do promotor”.

Outra percepción dos populares con respecto á xuntanza de onte é o afán do PSOE por torpedear, dilatar e descafeinar o funcionamento deste órgano xa que a alcaldesa pretendía postponer a vindera reunión ata o verán “bloqueando a súa actividade xa dende o primeiro minuto”. Para evitar “esta parálise, a oposición acordou unhas normas mínimas de funcionamento e asumiu a potestade de fixar a periodicidade das reunións, os puntos da orde do día así como a capacidade de solicitar informes tanto externos como internos”. Ainda que estas competencias son propias da presidencia vista a falta de vontade da alcaldesa se acorda que as asuman o resto dos integrantes da comisión”.

Nese senso Castiñeira expresou o seu desexo de que na vindeira reunión do 5 de maio se fale da modificación puntual do PXOM, a anulación do convenio ou o PERI para este ámbito de actuación. Estos si son asuntos de interese para os lucenses…”.

Por último os populares lamentaron as dificultades no acceso ao expediente do Garañón “dinnos que non facilitan unha copia dos informes, porque se entorpece o traballo dos funcionarios, pero en cambio nos convidan a que os 5 grupos consultemos in situ o expediente, algo que, entendemos, si entorpecería o traballo dos funcionarios”

O Partido Popular denunciou xa “en agosto do ano 2005 levamos a pantalla de formigón que os socialistas querían levantar nas Costas do Parque a conta do convenio asinado por Orozco e cociñado por Besteiro”. O problema non era o Plan Xeral do 91 senón de como se  xestionou xa que “se permitiu que o volume se distribuise do xeito máis lesivo para os veciños edificando torres de 9 plantas que podían ter deseñado de forma escalonada”. “Estaban máis que advertidos do impacto e do frontón que ían construir neste punto”, concluíu Castiñeira.

Os populares manteñen que as últimas sentenzas sobre as Torres das Costas do Parque ofrecen “unha oportunidade de ouro  para solucionar esta desfeita urbanística”. Castiñeira insistiu en que “antes de asumir á proposta do promotor o Concello debe capitanear o deseño urbanístico suxerindo que estude unha solución que abarque o Garañón e o seu entorno protexendo, así,  ás vistas do Parque de Rosalía”

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies