Economía

El PP critica el intento de chantaje de la alcaldesa para forzar el apoyo a las polémicas facturas con reparos

By 18 abril, 2017No Comments

O voceiro popular amosou o seu malestar pola ameaza dos socialistas que aseguraron que existe un informe da asesoría xurídica que puntualiza que “aqueles que voten en contra poderían asumir responsabilidades penais”

O voceiro do Grupo Popular lamentou que a alcaldesa de Lugo intentase forzar o apoio do PP ás polémicas facturas con reparos, coa ameaza de que “se votábamos en contra poderíamos incorrer en responsabilidades penais”. Jaime Castiñeira explicou que a alcaldesa leu varios parágrafos dun informe da asesoría xurídica, do que non se nos entregou copia nin se nos permitiu consultar, e no que, segundo a alcaldesa, se apuntaba que se podería incurrir nun delito penal. “Queremos ter  acceso a este documento, custanos crer que haxa sentenzas que marquen o sentido do voto” matizou Castiñeira quen insistiu en que moito nos tememos que “é un intento de manipular a postura do noso grupo”.

Os populares puxeron de manifesto a súa sorpresa porque, dende o primeiro momento, a alcaldesa se enrocou na mesma proposta do pleno e, logo, a medida que avanzou a xuntanza accedeu a presentar unha proposta para aprobar facturas por lotes. “Esperemos que sexa o máis subdividida posible porque hai moitos tipos de facturas, unhas non teñen problemas mentres que noutras hai unha ausencia total de procedemento”. O voceiro popular refírese a que dentro das 5.080 facturas que quedaron pendentes de pago por un importe de 2,3 millones de euros, hai algunhas que non teñen reparos e dentro das que son a empresas con contratos caducados se diferencian: aquelas nas que xa se iniciaron trámites para modificar a súa situación e as que seguen no mesmo punto que hai anos; e xa por último hai outras nas que hai unha total ausencia de procedemento. Castiñeira reflexionou que “colaboración sempre pero que non intenten pasar a responsabilidade da inoperacia e da falla de xestión dos socialistas , aos grupos da oposición”.

Por última expresou a súa queixa por enterarse pola prensa do contido da xuntanza de voceiros que se convocou para debatir este asunto “amosa pouco talante nun tema de tanto calado”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies