Seguridadtransparencia

El PP exige a Arroxo que deje a un lado las mentiras y trabaje para solucionar los problemas de los lucenses

By 21 marzo, 2023No Comments

Antonio Ameijide denuncia que las mentiras de Rubén Arroxo en las últimas horas se multiplicaron ya afirmó que había firmado el decreto de cierre de ‘Las Palmeras’, algo que es falso ya que no figura ni en el libro de decretos ni en el servicio de actas; como que tampoco tiene que ver en el carril bici ya que él votó, en junta de gobierno, a favor de la realización de este proyecto

Antonio Ameijide explica que no Grupo Municipal do Partido Popular desmontan as últimas mentiras de Rubén Arroxo e esixen ao vicealcalde que “deixe de mentir e traballe para solucionar os problemas dos lucenses”.

Antonio Ameijide explica que a primeira das mentiras que se desmonta ten que ver co carril bici. Rubén Arroxo afirma que non ten nada que ver co proxecto, pero non é menos certo que “o vicealcalde e os seus compañeiros do BNG votaron a favor, en xunta de goberno (xuño de 2020), de crear esta infraestrutura” xa que do contrario non se houbese construído, do mesmo xeito que votou en contra dunha proposición plenaria do PP (xuño de 2021) na que se pedía a paralización das obras do carril bici.

O concelleiro popular tamén fala das mentiras de Arroxo sobre o peche de ‘Las Palmeras’. Ameijide explica que “é falso” que o vicealcalde asinara o decreto de peche deste after. “Repasamos o libro de decretos varias veces e non aparece, polo que nos puxemos en contacto co servizo correspondente e afirmaron que non hai tal decreto, polo que Arroxo minte descaradamente”, explicou.

Ante esta situación, Ameijide reta a Arroxo a que faga público o decreto que presume de asinar, “algo que agradecerán todos os veciños do barrio”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies