Seguridad

El PP critica que pasó un año desde que Lara Méndez se comprometió a buscar localizaciones para la futura Comisaría de la Policía Nacional sin que encontrase ubicación

By 24 noviembre, 2022No Comments

Los populares señalan que en un año Lara Méndez cambió el sentido del voto excusándose en que “está en conversaciones para buscar espacios para dar cumplimiento la una necesidad”, pero que en realidad es “una tomadura de pelo que después de que pasara un año desde que se comprometió a tener localizadas esas parcelas aun no habían hecho este trabajo”

Ante a resposta que o Goberno central deu aos senadores lucenses do Partido Popular na que puxo de manifesto que non hai ningún tipo de proxecto, nin estudio de viabilidade para poñer en marcha unha nova Comisaría de Policía en Lugo que sustitúa á existente que, por razóns de ubicación e de espazo, precisa ser renovada para ofrecer un mellor servizo aos lucenses pero tamén para que os profesionais teñan un lugar de traballo digno no que exercer as súas funcións o GMPP propón que o Concello de Lugo ceda os terreos precisos e, o máis importante, leve a iniciativa política para que se poida poñer en marcha.

A resposta do Goberno ás preguntas dos senadores Populares,  foi que nunca existiu un proxecto real para edificar unha nova Comisaría, pero o certo é que co Goberno de Mariano Rajoy existía un compromiso de facer unha nova comisaría e con esa intención xa comenzaran as conversas e estudios previos. Evidentemente a existencia dun proxecto é a última fase que, non puido darse, debido ao cambio de Goberno.

A cuestión e que o Goberno do Partido Socialista, en todo este tempo, non foi quen, siquiera, de iniciar unha rolda de contactos, de facer algún estudio previo, é dicir non fixo ningunha actuación que leve á elaboración dun proxecto e posterior posta en marcha dunha comisaría en Lugo..

A realidade é que desde que goberna o Partido Socialista en Madrid os servizos que se prestan aos cidadáns lucenses en materia de seguridade cidadá foron a peor.

Así, trasladaron o servizo do 091 á Coruña, aínda non se creou a Unidade de Prevención e Reacción da Policía Nacional en Lugo, tal e como foi aprobado na Comisión de Interior do Congreso o día 12 de marzo de 2021, sendo non só unha demanda social senón tamén unha demanda dos representantes sindicais, etc. É dicir, en materia de seguridade cidadá existe un abandono absoluto da nosa cidade.

É preciso que esixan o que por dereito nos corresponde aos lucenses e, para iso, o primeiro paso é demandar ao Goberno de España que se inclúa nos presupostos unha partida para a Comisaría e, a continuación, proceder á cesión dos terrenos e a esixencia ao Ministerio do Interior para que comence a tramitación para a posta en marcha dunha insfraestrutura tan necesaria como é a nova Comisaría de Policía.

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

  1. Que o Concello de Lugo inste ao Goberno de España a que nos presupostos de 2023 se inclúa unha partida de 2M de euros para a construcción dunha nova comisaría na cidade de Lugo.
  2. Que o Concello de Lugo ofrezca ao Ministerio do Interior os terreos necesarios para a construcción dunha nova Comisaría de Policía na nosa cidade no barrio da Residencia.
  3. Dar traslado deste acordo á Presidencia do Goberno e aos grupos parlamentarios do Congreso e do Senado.

Responder

10 − 8 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies