Infraestructuras

El PP critica a Lara Méndez por defender los intereses de Pedro Sánchez antes que los de los lucenses al no exigir más inversiones en Galicia al Gobierno central

By 24 noviembre, 2022No Comments

Los populares consiguieron que se aprobara una iniciativa para que el Concello de Lugo suscribiera las declaraciones del Secretario General del Eixo Atlántico en las que exigía más inversiones para Galicia desde lo Gobierno de España, votación en la que los socialistas quedaron solos al anteponer los intereses de Pedro Sánchez a los de los lucenses

O Grupo Municipal do Partido Popular ante os resultados do XXXIII Cumbre Hispano Lusa que tivo lugar en Viana do Castelo que, sendo xenerosos, podemos cualificar de ínfimos, propón o pronunciamento do Pleno do Concello de Lugo neste eido e quere solicitar da alcaldesa de Lugo, a Sra. Méndez que, na súa calidade de Presidenta do Eixo Atlántico non permita que o Goberno de Madrid siga a desprezar a Galicia nos seus plans de investimentos.

A realidade é que no derradeiro cumio non se adoptou ningunha decisión de importancia para a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, senón que a maioría do tempo empregouse en falar de cuestións que, sendo importantes para todos os españois incluídos os galegos, non parece que teñan que ser o miolo dun cumio bilateral con Portugal.

Lendo a listaxe de documentos de cooperación que se firmaron entre ámbolos dous países, e sen desprezar a importancia que algúns poden ter, a realidade é que se trata de memorandos de entendemento que non pasan, en moitos dos casos, de meras declaracións de intencións, falto de proxectos concretos e compromisos que impulsen a comunidade autónoma de Galicia e moi especialemente a Lugo.

Pero os grandes proxectos que afectan a Galicia e que poderían servir para dar un pulo as relacións económicas entre Galicia e o Norte de Portugal non se abordaron. Por exemplo, non houbo un solo minuto dedicado a falar en serio da posibilidade de unir Porto con Vigo mediante Alta Velocidade.

O que se acordou sobre este asunto, de gran relevo para Galicia, é o seguinte: “España y Portugal reiteran la importancia vital de las conexións ferroviarias entre ambos países y destacan la labor del grupo de coordinación permanente para el seguimiento y la promoción de las conexiones ferroviarias. En particular, destacan la puesta en servicio de los 150 km de línea de alta velocidad entre Badajoz y Plasencia, así como los importantes avances que se han producido tanto en el resto de los tramos de la conexión Madrid-Lisboa como en las conexiones Porto-Vigo y Mérida-Puertollano, avance de obras y planificación en el enlace Aveiro-Salamanca e inicio de los estudios de la conexión Faro-Huelva-Sevilla”.

Como se pode apreciar, trátase dunha declaración sen contido algún, ¿cales son os avances na conexión Vigo-Porto? Os orzamentos do Estado para 2023 non contemplan partida algunha para a citada conexión, o que amosa que ten máis interés Portugal do que manifesta o Goberno de España.

A realidade é que, como ben sinalou días atrás o propio Secretario Xeral do Eixo Atlántico, ao Goberno Español interésalle máis apostar polo corredor Mediterráneo que apostar por Galicia. Semella que os intereses electorais do goberno central pagámolos, entre outros, os galegos.

O Goberno fala da España vaciada, pero máis aló de falar, as súas apostas, que se traducen en partidas nos orzamentos, o que fan e afondar nas diferenzas entre os territorios, perxudicando a Galicia.

O propio Secretario Xeral Xoán Vázquez Mao calificou de “vergoña” que o cumio durase tan só unha hora e rematase en compromisos necesarios para Galicia. Recordou tamén en declaracións públicas que é preciso avanzar en infraestuturas pendentes como as Variantes do Ferrocarril entre Lugo e Ourense, as conexións por tren para Lugo, A Coruña e Ferrol; e o impulso das autovías Lugo – Ourense e Lugo – Santiago.

Na Asemblea na que foi escollida a Sra. Méndez como Presidenta do Eixo, o anterior Presidente, o alcalde de Braga D. Ricardo Río, dixo na súa despedida: “El tiempo es algo que no fluye sin que en él debamos dejar nuestra marca, nuestro trabajo y nuestro espíritu crítico y decidido, siendo esta la mejor herencia y futuro que podremos dejar a las próximas generaciones. El período en el que, con extremo orgullo y determinación, lideré los destinos del Eixo Atlántico fue significativo y espero que las bases lanzadas en los proyectos hasta aquí desarrolladas, sea una plataforma prolífica para el destino del Eixo Atlántico con evidentes ventajas para toda la eurorregión y sus ciudadanos. Juntos continuaremos siendo más fuertes.”

E por iso que lle pedimos á alcaldesa de Lugo, na súa calidade de  Presidenta do Eixo Atlántico, que utilice o seu cargo para defender os intereses da Eurorrexión por riba dos intereses do seu partido, e por suposto os intereses de Lugo con Alcaldes. Os cargos son para servir aos cidadáns, non para pasar por eles sen pena nin gloria ou, o que é peor, non molestar ao Goberno central porque goberna o teu partido. De momento a súa pegada é estar calada ante a falta de avances producidos na última Cumieira e o agravio que supón para os galegos.

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

  1. O Concello de Lugo suscribe as declaracións do Secretario Xeral do Eixo Atlántico, esixindo máis investimentos para Galicia dende o Goberno de España, impulsando entre estas a conexión por Tren da cidade de Lugo, o remate da autovía de Lugo-Santiago e retomar a construcción da autovía Lugo – Ourense.
  2. Dar traslado deste acordo á Presidencia do Goberno de España, ao Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana e ao propio Eixo Atlántico

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies