InfraestructurasLimpezaUrbanismo

El PP asegura que el bigoberno sigue dando las costas a la Croa al dejar el barrio fuera del plan de asfaltado

By 31 enero, 2020febrero 4th, 2020No Comments

El concejal del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide explica que se preguntará en comisión se es cierto que no se renovará el asfalto de las principales calles del barrio (Camino de la Croa, Magarza y una parte de la calle Romeu) ya que el premarcado realizado antes de acometer el asfaltado muestra como estas vías no se renovarán

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denuncia o trato que o bigoberno segue a dar aos veciños da Croa, xa que todo apunta a que este barrio da cidade quedará fóra do plan de reasfaltado que se vai aplicar na cidade.

Antonio Ameijide anuncia que dende o Grupo Municipal Popular se presentarán preguntas en comisión para coñecer se a Croa quedará sen reasfaltar, xa que despois de realizar unha visita a esta zona, alertados polos veciños, comprobamos como as rúas deste barrio estaban fóra do premarcado inicial que se realiza antes do asfaltado. De acordo con estas marcas iniciais, as rúas Camiño da Garza, Magarza e unha parte da rúa Romeu, as tres vías con máis densidade de circulación da Croa, “non se van a reasfaltar”.

De confirmarse este extremo, o concelleiro popular explica que se trata “dunha nova bofetada” do bigoberno aos veciños da Croa, que levan máis de 20 anos agardando a que o Concello de Lugo lles outorgue as escrituras de propiedade das vivendas. “Os veciños da Croa están fartos das promesas dos socialistas, e iso que antes das eleccións de maio Lara Méndez se comprometera a entregarlles un símil da escritura de propiedade das vivendas, pero como xa pasaron as eleccións e segue na alcaldía xa se olvidou de todo o prometido”, sinalou.

Ademais, dende o Grupo Municipal Popular se presentará un rogo en comisión para que dende o bigoberno se poña máis énfase en mellorar a limpeza e o aseo urbano da Croa, xa que se trata dun eido “moi mellorable” por parte do bigoberno e que están a reclamar os veciños.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies