EconomíaProposicionestransparencia

El GMPP lidera el apoyo del Ayuntamiento a la Xunta para reclamar el dinero que Pedro Sánchez debe a todos los gallegos

By 30 enero, 2020No Comments

El Grupo Municipal del Partido Popular consiguió la unanimidad del pleno para que el Ayuntamiento de Lugo apoye al gobierno de la Xunta de Galicia para que le reclame a Pedro Sánchez el dinero que le debe a todos los gallegos y que se negó a pagar en reiteradas ocasiones.

A día de hoxe o Goberno central segue a reter a liquidación dunha mensualidade do IVE de 2017 (200 millóns) e négase a pagar os incentivos que lle corresponden a Galicia polo bo desempeño fiscal nos anos 2017 e 2018 (170 millóns de euros).

En declaracións realizadas o día 21 de xaneiro deste ano 2020 trala reunión do Consello de Ministros, a ministra de Hacienda e portavoz do goberno alegou que era unha cuestión que “tocaba en el año 2019” e que “ya se perdió esa oportunidad de poder resarcir”, culpando aos partidos políticos que non aprobaron o proxecto de Presupuestos Generales del Estado.

Este explicación non só carece de fundamento xurídico algún, senón que supón romper o compromiso que a propia ministra asumiu persoalmente en agosto de 2018 e que levou á Xunta de Galicia a prever eses ingresos nos seus Orzamentos.

O Goberno central debe adoptar unha solución urxente para transferir estes recursos, que lle corresponden aos galegos. No caso do IVE son cartos de todos os galegos, que o Goberno xa recadou, que o Goberno ten no seu poder e que se nega a transferirnos.

Existe un problema global, o do IVE, que é común para todas as Comunidades Autónomas, deputacións provinciais e entidades locais, e que demanda unha solución común. As comunidades están en emerxencia financeira e estes recursos destinaranase á prestación de servizos públicos esenciais. É evidente que se non chegan estes recursos as comunidades terán que endebedarse e retrasar pagamentos.

E existe outro problema específico para Galicia, que se fixo acredora de cobrar os incentivos fiscais polo seu cumprimento de todas as regras fiscais tanto no ano 2017 como no ano 2018, que ten que ter unha solución específica para a nosa comunidade.

O impacto económico desta decisión do Goberno central afecta directamente ao sistema de financiamento autonómico, pero tamén pode supor unha perda de recursos para os veciños do noso Concello, polo que esta Corporación non pode permanecer allea a esta reivindicación.

Polo exposto, o Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, presenta a seguinte:

PROPOSTA DE ACORDOS

1. “Declarar o apoio deste Concello á reivindicación da Xunta de Galicia ante o Goberno de España para que ingrese as contías do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) non liquidadas correspondentes ao exercicio 2017 como consecuencia da implantación do sistema de Información Inmediata.

2. Declara o apoio deste Concello á reivindicación da Xunta de Galicia ante o Goberno de España dunha convocatoria urxente do Consello de Política Fiscal e Financeira, cunha orde do día que inclúa un punto específico para abordar a aprobación a Galicia dos incentivos polo seu bo desempeño fiscal nos anos 2017 e 2018.

3. Dar traslado destes acordos ao Goberno de España, á Xunta de Galicia e aos Grupos Parlamentarios do Congreso dos deputados e do Parlamento de Galicia.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies